CiU, é un partido político ou unha sociedade anónima? - 23/04/2013
ECOS DA BERENGUELA - xornal

Xosé Lois García

Sempre as incógnitas e as desconfianzas rematan por endereitar as suspicacias e dar no branco dos acertos. Non é novo que o nacionalismo burgués tan reivindicador do que é Cataluña e, tamén, do que non é e debería ser. As sagas familiares que se denominan defensoras da patria catalá e que tamén nos segredos  de papel bancario e nas altas finanzas. Non é unha novidade, aí está a nómina de familias nacionalistas de tantas benquerenzas co fulgor económico e seus réditos.

A pregunta tampouco é novidade, se CiU é unha realidade política ou a sombra dunha sociedade anónima. Pois os anonimatos políticos estampan esa maraña de corruptelas que diariamente dan conta os medios de comunicación e constatan os xulgados. E só a pasividade –cada vez menor- da cidadanía comprace a esas clases coa indiferenza e cunha crítica moi comedida. Pois ese nacionalismo das sociedades limitadas, parece que agora se transformou en sociedade anónima, que impón as súas regras en función de seus intereses e cunha serie de estereotipo de linguaxes co fin de convencer e conmover aos que aínda teñen dúbida dos acontecementos que se intentan esclarecer.

O nacionalismo de CiU, alén do conxunto de seus militantes, conta cunha grande maioría de cataláns e cidadáns de Cataluña, como eu, que desconfía sobre o comportamento dos dirixentes  nacionalistas, deslizados en algo tan grotesco e provocador sobre os verdadeiros intereses que acumulan e que eles defenden nunha Cataluña clasista e anónima. Esa antiga estirpe de familias que reproduce o seu clan nas grandes operacións bancarias e na defensa dos valores cotizábeis.

O agora chamado clan Pujol, o caso do Palau, da ITV e un longo etc., esclarecen a puntualidade deses socios anónimos tan operativos e tan destros ao lado do poder que encarna CiU e que se agranda nas informacións detalladas, cada día, nas páxinas dos xornais. Mais o problema engadido é cando os mentores de irregularidades que son encausados, apelan a que é o outro poder (o nacionalismo españolista) que trata de atacar a Cataluña, como remata de dicir o alevín dos Pujol, Oriol Pujol. Nestes detalles tan serios e escarnecedores sempre levita a idea da conspiración, por parte dos que fan falcatruadas, que xa non serve como estratexia e menos como coartada. 

Todos eses asociados ao club burgués nacionalista, que alzan a voz en desgarro e con tanta histeria individual pronuncian o retrouso do himno catalán: “Bon cop de flaç, defensors de la terra!/ Bon cop de falçs!” Que ironías ten a historia, que canten iso de “defensors de la terra”, en vez de defensores de seus particulares e aumentados intereses bursáteis. Algunha vez a ironía terá a súa última palabra no que se xulga.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras