Patria grande e soberana!!! - 23/07/2013
ECOS DA BERENGUELA - xornal

Xosé Lois García

Galiza continúa en caída vertical! A Galiza que non debe chamarse española, porque España dela se esquece... E os gobernos centralizadores con autonomías supeditadas ás súas manías e intereses. En Galiza non afloran sospeitas só iniquidades que procesan esa desfeita contundente e constatada en moi diversos e puntuais temas que son problemas graves que a sociedade galega pacede dunha maneira categórica e constatábel.

A desmoralización e a pérdida de valores culturais, cívicos e sociais: autenticidade que perfilou unha idiosincrasia milenaria está soportando unha agresión ben calculada co fin de homologar e castrar tódolos atributos dunha nación que precisa de autoconductos que a liberen deses tópicos pexorativos, do atraso económico e das agresións que sufre o noso idioma por decreto. A cooperación do actual goberno da Xunta co poder central, con ese outro nacionalismo castelanizante, usurpador e triturador das nosas mais elementais esencias de ser galegos faixe cada vez mais visíbel no desorde que se está producindo en Galiza.

A despersonalización da nosa nación, débese á pérdida de memoria e de herdo que os nosos colonizadores fomentaron con dictaduras monárquicas, fascistas e con democracias secuestradas. Toda unha inalcanzábel idea de fetiches usurpadores que foron introducindo e alterando o modus vivendi da nosa sociedade. Os próceres do noso provincialismo, rexionalismo e nacionalismo, todos eses postulados asoballantes e de tódalas contrariedades e submisión que soporta Galiza. Vencer tódalas maldades dos que lle negan aos galegos o mais elemental da vida, o pan e o sal é fundamentalmente prioritario.

O Día da Patria Galega, non é unha xornada calquera. É a nosa festa patriótica convertida en demandas. Xa non as demandas de sempre, porque a crise económica e, sobre todo, a crise de valores a que precipitou a Galiza ás antípodas nunca imaxinadas, desa decadencia existencial, que indubidablemente ten que ter resposta nas rúas, nas prazas, nas nosas cidades, vilas e nos núcleos de poboación mais remotos. É urxente a palabra de denuncia! É urxente a acción solidaria para reivindicar e construír patria grande e soberana!!!

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras