La escuela de Proendos - 20/03/2013
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Estamos ante un libro peculiar, polo proceso histórico que nel se estructura e no que se confirma a antigüidade dunha comunidade estábel como é a parroquia de Proendos (Sober). O título e subtítulo desta edición, publicada por Ediciones La Rectoral e que leva por título: “La Escuela de Proendos (y otras reflexiones sobre la historia de Sober)”. O autor desta publicación de 200 páxinas é José María Lago Borsnstein (Madrid, 1955), residente en Os Navás e que realizou unha investigación con documentos locais do entorno de Sober e libros de fábrica parroquiais.

Pode que neste campo e á procura de fontes escritas, Lago Bornstein teña realizado un tratado de historia moi orixinal e, ao mesmo tempo, lévanos a un contesto nutrido de historias escritas e documentos notarias non demasiado estudiados como elemento dinámico para estructurar ese corpo histórico que se enmarca en Sober. E aínda que sabemos de certos temas dese mosaico xeográfico deste municipio, e de moitas das súas tradicións que investiga o colectivo, “O Colado do Vento”, faltaba polo miúdo unha investigación de todo ese volume documental agora publicado e no que se destacan temarios de moita transcendencia que, posiblemente, faltan no groso da historia de Galiza.

Esta investigación de José María Lago, transcenda dun ámbito tan reducido como é Proendos pero de fonda presencia no proceso de Sober e da comarca de Lemos. Xa coñecemos desta parroquia moitos dos suxeitos arqueolóxicos, arquitectónicos e historias lendarias e dos caes temos constancia escrita. A todo isto ven a sumarse a sumarse este libro, co título suxerinte: “La Escuela de Proendos”. Alén desa institución pedagóxica fundada e recreada nesta parroquia, hai outros espazos xeográficos soberinos que emerxen desa fonte documental usada por Lago para transcender en tantos nomes de persoas, de lugares, de episodios e de épocas que nos parecían borrosas e de súpeto veñen a ilustrarnos sobre o pasado; a resucitar historias que conmoven e que contribúen a meditar como a nosa identidade nútrese de feitos e de dereitos, de incontinencias para concretar a formación de tantas cousas que aínda veñen exercendo cun poder decisivo e determinante, coa carga do pasado, no noso presente.

Presente e futuro non hai tais se ignoramos o pasado. E neste libro hai pasado. O distinguido peso do pasado, das intimidades do noso rural que deu idiosincrasia a esta Galiza, pode agora ser mais comprendido grazas a estes relatos históricos que moitos deles conmoven polo que se expresa na loita de clases. Poderosos e servos, pobres e ricos en loita desigual polo dominio da terra, a usura dos poderosos, a revolta da peonada, os foros, os poderes feudatarios, as irmandades de veciños fronte as enquinas dun señorío con coitelo, soga e ferrollo e forca.

Este tipo de libros tan puntuais e suxerintes foron considerados, nunha época xa caduca, de secundarios por certos historiadores que desprezaron ese fato de historias localistas, virándose cara outra historiografía dominante, parcelando así unha instrumentación necesaria para revelar tanta escuridade. Iso é o que atopamos neste libro sobre Proendos, ese magno e luminoso microcosmos de Sober.

Non quero rematar estes comentarios sen volver ao principio e retomar o prólogo que Alfonso Campos enceta con tanto acerto, puntualización e certeza do que se contempla no materialismo histórico, do que el nos fala sen preguiza e abordando os contextos históricos que se contemplan, consumen e ratifican nunha serie de temarios que foron motor de cambios e de procesos sociais e temporais de Sober e do Coto Novo. A aportación preliminar de Alfonso Campos adiántanos o valor e as contundencias dun excelso traballo como este de José María Lago Bornstein.
Compartir

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras