Os xenocidas de Rayhaneh Jabbari - 30 Outubro 2014
logo nosjpg

Xosé Lois García

A inseguridade que padecen as mulleres baixo réximes  despóticos e doutrinas que desestiman o ser feminino prostrándoo na anulación e no vilipendio mais atroz que un ser, minimamente humano, non pode deixar de condenar as perversas actuacións de Estados e de axentes relixiosos contra os crimes de mulleres que actualmente estamos observando nos medios de comunicación.

A inseguridade que padecen as mulleres baixo réximes  despóticos e doutrinas que desestiman o ser feminino prostrándoo na anulación e no vilipendio mais atroz que un ser, minimamente humano, non pode deixar de condenar as perversas actuacións de Estados e de axentes relixiosos contra os crimes de mulleres que actualmente estamos observando nos medios de comunicación.

"Consterna o hábito macabro de anular e masacrar as mulleres cando actúan en aras da súa propia e lexítima liberdade". 

Consterna o hábito macabro de anular e masacrar as mulleres cando actúan en aras da súa propia e lexítima liberdade. De ser elas en pé de igualdade co home, este feito abomina aos que non queren perder o seu status de dominio, reducindo á muller ao feito reproductivo, á exclusión da vida social e a ter a súa palabra anulada, como se foxe un ser vexetal. As últimas noticias que nos veñen de varios países e organismos parece que o fanatismo e o culto ao macho montés, enrocado en seus pináculos asoballadores, trata de conservar o seu statu quo por instintos asasinos.

Fanatismo, machismo e incultura profanan e envilecen ao feito de ser muller e tela oprimida nun ascendente de leis e tabús conque a criminalizan cando elas loitan contra a discriminación de non poder conducir un auto, de non tomar decisións sobre o seu propio corpo e un longo etc. O macho encambrado en seu propio odio, cos medos á liberdade, negando as evidencias de respecto mutuo que van alén de calquera credo e dos que minimamente non vulneran os Dereitos Humanos. 

<"O vil asasinato de Rayhaneh Jabbari pon en dúbida a nosa capacidade de disidentes, como cidadáns do mundo, desde a nosa parcela de cultura e convivencia". 

Os criminais ataques contra as mulleres con ácido sobre seus rostros para desfiguralas cando non aceptan un matrimonio de conveniencia; cando se lapidan mulleres co consentimento de súas propias familias, acusadas de traizón ou de rameiras, como aconteceu fai semanas en Siria. A última atrocidade chega estes días de Irán, onde a moza de 26 anos foi aforcada en praza pública, para atormentar, co escarmento, a millóns de mulleres. A Raihaneh Jabbari, por acoitelar a seu violador, un axente da policía política, cando ela tiña 19 anos foi apresada e condenada ao silencio. Aconteceu en 2007, desde esta data até seu aforcamento, estivo reducida no subsolo da inmundicia machista e dun réxime totalitario, na latrina dos vilipendios para rematar con ela nun crime de lesa humanidade.

O vil asasinato de Rayhaneh Jabbari pon en dúbida a nosa capacidade de disidentes, como cidadáns do mundo, desde a nosa parcela de cultura e convivencia. Neste sentido, a petición de indulto desde estamentos estatais e organizacións como a ONU ou a condena por boa parte de individuos e estamentos, non alivian o número de lapidacións, aforcamentos e impunidades que se cometen contra un ser tan sensíbel e indefenso como son as mulleres en varios países do mundo, ante esa mentalidade de actuación criminal de depredadores e sátrapas.

"O sangue da moza Rayhaneh Jabbari e de millóns de mulleres laminadas pola coitela da incomprensión, servirá a moitos para erguer a voz e a acción contra tantos pérfidos criminais".

Desde a exclusión até o xenocidio feminino concorren tantas lesións de todo tipo, polo que vemos demorar un tribunal internacional para depurar responsabilidades, non só para o agresor senón tamén para os Estados que consenten e incitan a estes comportamentos. Nesta dirección, sobran palabras e comunicados, a hipocrisía dos chamados estados democráticos e que se din observantes dos Dereitos Humanos son incapaces de limitar relacións cos que promoven o exterminio de mulleres. Os intereses económicos e comerciais están por enriba da necesaria protección que se debe ter coas mulleres, desde boicots comerciais a suspensión de relacións contra eses réximes totalitarios e fundamentalistas. Mais o capitalismo representa o reverso da mesma moeda, os seus propios intereses lastran calquera indicio de humanidade.

As diversas dependencias da muller, as violacións, as que son obrigadas a ser servas de seus raptores, os secuestros de nenas e adolescentes, as decapitacións, lapidacións e aforcamentos, as cobizas por maltratadores que se amparan no manual da servidume feminina, todo isto nada importa para unha clase insocial que so procura intereses. Mais o sangue da moza Rayhaneh Jabbari e de millóns de mulleres laminadas pola coitela da incomprensión, servirá a moitos para erguer a voz e a acción contra tantos pérfidos criminais.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras