A Cataluña negada por imperativo antidemocrático - 15/09/2014
ECOS DA BERENGUELA - xornal

Xosé Lois García

Un dos dons da democracia está sostido no dereito a consultar e decidir libremente. Este dereito cando o pide reiteradamente unha sociedade enteira e se lle nega, estamos falando doutra cousa que non é democracia, quizais de fórmulas ditatoriais onde algún dos poderes fácticos impón prohibicións con argumentos e leis aparentemente democráticas, mais non o son.

A democracia pasa por algo tan simple e sinxelo como é o poder decidir unha cuestión de interese xeral dunha cidadanía, como a catalá, que considera realizar unha consulta sobre o “si” ou o “non” de poder saber se esa cidadanía está pola vía independentista ou non. Isto o desexan os que voten “si” e os do “non”, ambos queren a consulta, porque o tema é sumamente relevante. Contabilizar os votos para saber se a consulta pola autodeterminación procede ou non. É un acto democrático que non se pode negar con evasivas, decretos ou ameazas. Isto é o que se procura en Cataluña por vontade popular, e que está sendo decapitada esta vontade cun non rotundo, por parte das institucións centralistas e de outros intereses que ameazan e prohiben a consulta.

As reivindicacións catalás a decidir, a ser a nación que foi antes de ser arrebatada por “lei de conquista”, como mencionou Felipe V, poucos días despois da mortífera toma de Barcelona o 11 de setembro de 1715, clarifica totalmente a ocupación do poder borbónico e a imposición do modelo de Castela, as leis de súas institucións e a prohibición das leis e constitucións, a lingua e outras expresións culturais de Cataluña.

Desde esta data de invasión, os membros espallados da coronela e dos miguelets constituíronse en bando de trabucaires para combater os que negaron a dignidade de Cataluña pola forza. E isto, a corto o longo prazo, trouxo consecuencias. A autoestima e o honor de ser catalán foi un dos privilexios que sustentou a esa sociedade en variados episodios transcendidos desde 1714 até hoxe. Nesto incidiu Àngel Guimerà, ao mencionar os tempos: “Un temps lluitant per l’honor”. Esta simplificación dos tempos de decidir sobre unha consulta que se nega como democrática fai que o honor procure outros revulsivos.

Ese incremento de cidadáns que nutriu as rúas de Barcelona, o pasado 11 de setembro, en demanda de algo tan simple como deixar que o pobo decida votar sobre a independencia ou non a ela. Porque nesa grande “V” humana de mais dun millón de persoas que nutriron as maiores avenidas de Barcelona como son a Diagonal e a Gran Vía, persuadidas por ese dereito, ver tanta imaxe de vontades ten que estremecer as vísceras dos que negan esa evidencia. Porque aí estábamos os que desexan a autodeterminación e os que non, ou buscar outras vías e mesmo saber os resultados. Mais todos coinciden na vontade do dereito de sabelo por medio das urnas.

Apelar a que a Constitución é o Santo Santorum de toda adoración e determinación é unha cuspidela na vontade da cidadanía. Precisamente os que adoran e practican o bipartidismo, en santificada unión, mudaron certos termos da Constitución por dúas veces. Cal é a brincadeira, a rede que se nos tende entre o que para uns é lícito e para outros ilícito? O referendo é a lóxica de saber a certeza do “si” ou do “non”. Despois que veña o que proceda.

Por qué ese pavor a que os cataláns saiban a que aterse despois dunha votación? As cifras non negan por medio das urnas esa vontade, dado que os deputados do Parlament de Catalunya son maioría os que están polo dereito a votar. Os unionistas negan este feito apelando á Constitución que eles mesmo, en outros temas non respectan.

Hai antecedentes democráticos sobre este tema na cuestión do Quebec, que pasou hai non moitos anos por un referendo de independencia, ganou o non e non pasou nada. O próximo 18 consúltase en Escocia se quere e dicide ser independente, sairá o que os escoceses queiran, e iso será invulnerábel. Ademais os gobernos centrais de Canadá e do Reino Unido non puxeron obstáculos como pon o goberno español con respecto ás reivindicación cataláns. Eses medos, obediencias e secretismos confirman que aínda falta un longo percorrido democrático como se expresa noutros países. Mal lle vai a un Estado enrocarse en si mesmo, cando percibe os rumores da cidadanía e nega a evidencia.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras