Manuel María nos telexornais de TV20 - 17/02/2016
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

manuel maría 1Neste ano de Manuel María, ao que se homenaxea co Día das Letras Galegas, están programados numerosos actos moi diversificados que percorren varios temas e escenarios polos que andou e tripou terra o noso poeta. A través do ano, Manuel María estará en tódalas palestras e debates posíbeis que escudriñarán as diversas actividades do poeta da Terra Cha e da Ribeira Sacra. E nesta seira de espallar e descubrir a un poeta esencial, progresista e comprometido coa súa Terra, Manuel María é merecente de escudriñar a súa extensa obra e a súa singular personalidade. Nesta dirección, a profesora Mercedes Vázquez, directora de TV20 de Chantada (Televinte), encetou un ambicioso programa dedicado a Manuel María, con programación diaria, no telexornal da noite, no que se dá lectura dun poema que se intercontextualiza con imaxes. Este micro programa aflorado por Mercedes Vázquez, non deixa de ser orixinal para a divulgación lírica do noso poeta e, tamén, para implicar a lectores ocasionais que se converterán, moitos deles, en lectores potenciais.

Un enorme esforzo por parte da directora de TV20, de moita imaxinación e percorrido. Non en van foi tres veces á Fundación Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei a gravar todos aqueles espazos mais emotivos do pobo natal do poeta. As andainas de Mercedes pola Fundación, polo inigualábel Campo de Santa Isabel, nos rentes do río Miño, polo cemiterio onde el repousa e por outros espazos vivenciais do poeta. Así foi como comezou a programación para emitir diariamente desde este medio televisivo local o cotián dun destaque que mobiliza a moita xente, concretamente a 366 persoas que recitan un texto poético, en cada un dos días do ano. Neste sentido, temos que dimensionar o tecido de divulgación que realiza TV20 de Chantada, que transmite as súas emisións nos tres concellos da comarca: Carballedo, Chantada e Taboada, chegando ás terras de lemos. Por tanto, estamos ante unha modalidade de programa moi orixinal e singular, no que representa procurar o reencontro coa poesía de Manuel María e erixila en todo o seu valor ético e estético, dándolle cabida a un amplo ventallo de lectores de tódalas idades, primando aos escolares.

manuel maría 2O tecido vehicular do programa comeza por facer o anunciado preliminar: “Manuel María, un ano de poesía”. A continuación aparecen varios espazos alusivos con fotografías de Manuel, a continuación aparece o lector recitando o poema que escolleu, ao final dáse conta do reparto programático, ou créditos de escena. Nesta dirección formal e estratéxica está o profesor Alfonso Fernández, do IES da Lama das Quendas de Chantada, Coordinador da Biblioteca Escolar deste centro e membro de Fuxan os Ventos, que é o coordinador de gravación e montaxe. El é a ponte necesaria de participación, non só do seu instituto senón de outros. Estas gravacións son expansivas a outras xeografías da Ribeira Sacra, como Pantón, Sober, Bóveda, entre outros centros de ensino.

Neste sentido, TV20 deixa aberta a participación a calquera persoa de diversa idade que desexe realizar unha lectura de poemas de Manuel María. Unha maneira de facer convivio, ao lado e ao alén da poesía: ese milagre que os deuses do Olimpo nos concederon aos mortais. Este programa de Televinte é unha mostra moi interesante que grazas a Mercedes Vázquez e Alfonso Fernández fan posíbel que os televidentes desfruten da creación dun gran poeta noso, como é Manuel María. Toda unha colección de poemas recitados que o 31 de decembro do presente ano remata. E xa pasado o ano da homenaxe a este noso poeta da Ribeira Sacra, Mercedes e Alfonso pensaran en reunir todos eses poemas recitados e facer unha edición coa data de lectura e co nome do lect@r?>

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras