A olería de Tomás López e Otilia Arias - 09/06/2016
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Alfonso Campos, bo guía e coñecedor da súa terra de Proendos e de todo Sober, levoume ao idílico e bucólico lugar de Corbelle, á casa de Tomás e oleriaOtilia, rodeado dun delicado mato de bidueiros, carballos e outras especies e belezas vexetais. Nese fermoso enclave está a olería de Otilia e Tomás. Este impón o vello nome de olería por enriba das definicións modernas: artesanía, alfarería e cerámica. O núcleo central da olería soberina, polo menos a de maior fama, foi a de Gundivós. Nestas terras do Sil, con variedades de barro completan a súa xeografía e compendia unha das fabricacións manuais do barro mais importantes do sur da provincia de Lugo. As téculas romanas que aparecen nestes eidos, manifestan que a produción de obxectos de barro conforman a súa tradición milenaria. Os famosos xerros de viño de Gondivós que aínda se conservan en moitas das adegas do territorio chantadés teñen unha expresión funcional e memorial até hoxe. Unha referencia de estilo e de comercialización que Tomás López insistiu en que un dos maiores núcleos de venta era o de Chantada. E verdade que na entrada ao antigo campo da feira había tres chamadas cacharrerías, até que a industria do latón e do plástico as eliminou. Este oleiro puntualiza que pola festa dos Remedios, de Augas Santas (Pantón), o oito de setembro, ían trinta carros cargados de xerros para vender na entorna galega e alén dela.

oleriaÁ vista está a exposición de variadísimas pezas oleiras que ten no seu obradoiro. Tomás mostroume cada unha delas que personalizan esa funcionalidade que a necesidade e a utilidade do mundo labrego precisou dos oleiros de Sober que souberon responder a esas demandas, con seus formatos e decorados de cor negra, tan austera como rigorosa. Toda unha tipoloxía de diversas medidas que van desde as minúsculas xerras de cuartillo ás ámboas de cen litros. Barreñóns de zorza, ámboas de vinagre, escorredoiros de cubas, o xerro grande chamado do avó, que se utilizaba nas segas e nas mallas. Tamén observamos dúas clases de meleiras, a de gardar o mel no verán e a do inverno. Outras de distinto formato serven para gardar e conservar semente de diversa flora. Aí están os asadores de castañas, testos de cocer a boroa e a asadora “A Grela” que Tomas inventou e bautizou. Ollando esta ampla gama de utensilios, un decátase que a Tomás o asiste a pedagoxía da tradición olería, na que non se detectan vulgaridades e falsas estruturas e decoracións. El manifesta convicción e dominio do que fai, así o manifesta no seu inventario.

Otilia e Tomás coñecen puntualmente a materia prima que esta terra lles ofrenda o barro. Tamén nos fala de dous tipos de barro nas terras de Sober, o correúdo e o faragullán. O correúdo utilizado en Gundivós, procedía de S. Xillao e de Santa Cruz de Brosnos, que era moi sensíbel e non se utilizaba en condimentacións que ían ao lume. Polo contrario, o barro faragullán utilizábase para utensilios que ían ao lume: cazolas, cazos, chocolateiras etc., este tipo de barro obtíñase nas barreiras de Liñares, da parroquia de Figueiroa. Por tanto, a primicia dos oleiros de Sober, en seu nobre oficio, teñen unha percepción da modalidade da materia que van a transformar, por iso eles saben á distinguir esas variedade.

A chamada industria oleira de Sober, da que nos fala García Alén, entre tantos outros, amosa unha das parcelas gremiais mais importantes de Galiza, que hoxe está en decadencia, pola desintegración da vida rural galega e pola desfeita da poboación. Ademais, da referida introdución de obxectos que desprazaron aos de barro. Sober foi famoso, aínda o é, polo que representa a industria e comercialización do barro. A súa identidade configurase en varios elementos de prestixio como é o viño de Amandi, a rosca de Millán, os muíños do Xabrega e a olería de Gundivós e outras entornas. Mágoa que Sober non teña unha especie de Museo onde se expoñan cada unha das pezas que se fabricaron nos tornos dos obradoiros desta distinguida terra. Espero que o benquerido Luís, alcalde de Sober, reserve un espazo no que se manteña unha colección de pezas, para incrementar a sobria personalidade de Sober, por medio dun memorial oleiro.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras