Estrea literaria de Margarita Rodríguez Otero - 11/08/2016
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

O próximo 12 dos correntes, ás 8,30 no Centro do Viño de Monforte, a escritora e historiadora, Margarita Rodríguez Otero presenta unha das súas terra de lemosdádivas literarias, mais apreciadas das súas crónicas xornalísticas divulgadas en diversos xornais galegos. O título do seu novo libro non deixa de ser entrañábel: “Tierras de Lemos”, publicado por Agrasar Editores. Unha grata implicación de Margarita en varios eidos da narrativa e con espléndidos rexistros que se acomodan nas xeografías do condado de Lemos. Historias, tradicións, lembranzas e outros temarios que están tutelados pola sabia autoridade da autora. Son elementos nos que se fundamenta este libro, con diversos e ilustrativos contidos dese amplo escenario nos que resplandece a terra e os seres que a habitan; particularidades que nos recrean e que forman parte de nós mesmos, en tantas ofertas que neste libro expóñense dun amplo mosaico de valores que a historia os retén.

Margarita Rodríguez Otero é unha persistente investigadora que vai á orixe das fontes procurando a veracidade e a constatación de realidades acaecidas. Todas estas investigacións están vertebradas neste libro, sobre feitos concretos e persoas que figuran nun longo inventario da historia de Galiza que, desde as terras de Lemos, toman unha nova dimensión co sobranceiro soporte dunha excelente traballadora da investigación que, sen dúbida, dignifica a Monforte de Lemos polo arduo labor que exerce, contribuíndo a un puntual coñecemento sobre o Val de Lemos e a súa ampla periferia. Mágoa que Margarita Rodríguez Otero non continuase de Cronista Oficial de Monforte. A intromisión do partidismo político case sempre produce desencontros coas persoas que dignifican a verdadeira cultura, a que proporciona esa dose de revelarnos a verdadeira senda como a que encetou Margarita, xenerosamente.

O presente libro é o resultado dun traballo que testemuña esas parcelas temáticas nas que se articulan as terras de Lemos e, en concreto Monforte. É así como se desvelan e desdobran substanciosas efemérides localistas que reflexan o vital dunha sociedade que foi construíndo a súa propia identidade en diversas etapas da súa historia, como é o tema mais atraínte de ser a capital do condado da dinastía dos Lemos, en súas diversas fases e procesos, que marcan a presenza mais activa da etapa medieval, como feudo da saga condal. A Idade Moderna de Monforte destínguese nesa emblemática marca do xesuitismo renacentista, cando o cardeal Rodrigo de Castro mandou construír a Compañía. A etapa Contemporánea, felizmente, está representada pola chegada do ferrocarril a Monforte. Etapas que están puntualmente descritas neste libro.

Distínguense célebres persoeiros locais, de diversa estirpe e talento: princesas, militares, homes de ciencia e de letras que naceron, viviron e fixeron posíbel que a terra de Lemos sexa activa. Numerosos mecenas crearon un ritmo moi particular da cidade de Monforte, tal como podemos observar na gran oferta que nos fai Margarita Rodríguez Otero, neste seu libro con varios indicadores, cunha forte dose de orixinalidade e indagación, na descuberta de temarios de gran relevancia que tantas veces pasan desapercibidos. Nesta sentido, o xornalismo de Margarita constata o rigor dese aporte valioso que terá continuidade en futuros investigadores e prestará un gran servizo a potenciar lectores, capaces de coñecer o seu medio e de ampliar.
Compartir

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras