No percorrer das follas - 03/07/2018
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Percorrer a escolla poética de “Folha corrida”, poemario de Sérgio de Castro Pinto, resulta gratificante pola oferta e o estilo que proclama este poeta sergio de castro pintobrasileiro, apostando pola sublime orde de correr folla; de emerxerse nesa grandeza creativa que nos conduce a unha nova orde de selección de seus propios poemas. Particularmente teño certa obsesión polas escollas e preferencias que fan os propios autores en clasificar a súa obra e dala ao prelo como bonanza do que eles gustan da súa propia creación. Realmente non decepcionan pola aportación do que eles queren expresar e escudriñar para un público, basicamente sensíbel co significado do texto. Nesta dirección encontramos ao mestre-poeta, Sérgio Castro Pinto.

“Folha corrida (poemas escolhidos, 1967-2017)”, publicado en 2017 vén a conmemorar o cincuenta aniversario do seu primeiro poemario: “Gestos lúcidos” (1967), até o último publicado: “A flor do gol” (2014), mais de dez títulos ben ordenados e cultivados que fan deste autor, un dos que mais privilexian á poesía brasileira no que diversifica á calidade e a inventiva de vangarda. Neste sentido, remítome ao que dixo da poesía de Castro Pinto, o grande poeta brasileiro, Ferreira Gullar: “São poemas escritos com mestria e senso de humor”, entre outros temarios e matices que mere estudar a obra poética de Sérgio Castro Pinto. Correr folla, neste libro é ir á proposta -sempre de inicios- para sentir a pulsación do que a alma quere dixerir do esplendor desas ofertas que teñen a proxección e a traxectoria da obra dun autor sumerxido en tódolos atributos que pondera a poesía.

folha corridaCorrendo e percorrendo as follas deste libro encontramos ao enxeñeiro e economicista do verso, ao xenio endereitando o seu enxeño. Moitas veces lemos poesía onde encontramos ao xenio, mais non o seu enxeño. Non falo de algo flutuante ou sutil, entre o marco que hai entre xenio e enxeño, que se da en todo o que se configura na linguaxe e na expresión formal que revela a poesía de Castro Pinto, como obra maior en varios conceptos. E nesta andada por camiños ásperos da vida, o verso de humor cru que aventoa un ar vibrante e fresco, ben cargado de crítica social e ironía como nos mostra o poema: “burocrata”, do libro: “Domicílio em trânsito”, que di: “um geito botânico / de quem cultiva folhas / de papel carbono. // de quem as enxerta / nos gestos e na fala. // de quem arbora / no caule do silêncio / de quem cala // uma primavera burocrática”. Letor, de diferente alma e de diversa vestimenta anímica, penetre nestes versos co seu diverso estado de ánimo, para tomar conta do que nos depara coas burocracias, devorando existencialidade. Dixerir a boa poesía deste autor é unha boa dose para desconectar coas nosas propias contradicións. Ante a pureza destes versos de Sérgio Castro Pinto, “¿dónde están quienes se erigían en detractores? (Luis Cernuda, dixit).
Compartir

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras