O monumento pedagóxico de Antía Cal e Antón Beiras - 31/08/2018
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Quen coñeza a traxectoria pedagóxica do casal, Antía Cal e Antón Beiras, saberá dicir con puntualidade o moito que debemos os galegos á oferta que antia cal anton beiras fotoestes dous pedagogos fixeron por espertarnos en liberdade e na esperanza de medrar nas descubertas desta Galiza tan ampla e plena e, tamén, do mundo que descoñecemos, ou que nos privaron de coñecer e descubrir nesa época de tebras pechas e de silencio imposto con decreto. Antía e Antón apostaron pola liberdade pedagóxica e fomentaron un concerto para o ensino, e de tal altura que agora podemos medir as dimensións dese tecido que engloba unha serie de elementos que inducían aos docentes a superar a alienación e o secuestro establecido. Eles edificaron un programa de ensino en liberdade, esta foi a proposta de Antía e de Antón, que non foi concedida, lamentabelmente.

Antía Cal Vázquez, naceu na Habana en 1923, filla de emigrantes na localidade luguesa de Muras, que regresaron coa súa filla de nove anos, ao lugar das Aguias, onde pasou a infancia e descubriu ese outro epicentro de cultura ben alleo á cultura antillana. A cultura popular desta sempre Galiza profunda, renovada por impulsos e sempre á procura de solucionar a cuadratura do círculo, ten nesta parella diversas expresións científicas que se manifestan en seus libros. Antía fixo o bacharelato na Coruña e a licenciatura de Xeografía e Historia na Universidade de Compostela. Aos 22 anos casa con Antón Beiras García, emprendendo un rumbo certo e arriscado en potenciar un ensino libre e connotado en cambios sociais. Antía co apoio do seu home e de seus pais fundou, en 1961, o Colexio Rosalía de Castro de Vigo. Unha experiencia pioneira na Galiza que tivo unha transcendencia positiva, pese aos atrancos ditatoriais da época.

antia cal anton beirasAntía Otero cumpriu en abril 95 anos. En Dozar (Vedra) fíxoselle homenaxe, recoñecemento, cumpridos, delicadezas e tantos mimos que ela merece polo que ten dado ao noso pobo, e polo que podemos aprender de seu legado humanista. Este ano chegaron dous enormes agasallos editoriais da súa autoría: “O libro dos nenos”, publicado pola Deputación de Lugo. Trátase dunha pequena enciclopedia premiada en 1955 e que ficou na caixa dos silencios. Unha excelente publicación que nos desvela un proxecto eficiente que ilustra as motivacións de saír da confusión e do analfabetismo que marcou unha época de corenta anos de ditadura. “O libro dos nenos”, conta con catro apartados: “Formación do mundo”, “Xeografía descritiva”, “Xeografía de Galiza” e “Sobre a hixiene”. Todo un compendio de saberes, de estímulos e de aprendizaxes que intentaba crear un ensino de libre pensamento, en desafío co que estaba imposto. Non puido ser, mais agora aparece xa non para nenos e si para adultos, para poder cuantificar ese esforzo desta Antía nosa que que deixou pegada no que precisa de mudanza.

A segunda entrega publicada este ano, de Antía Cal e Antón Beiras, é a enciclopedia: “O arte e a súa historia”, de Edicións Laiovento. Unha obra facsímile, mecanografada e con excelentes ilustracións. Entendemos que non puido ser publicada polas sen razóns da censura. O relato non pode ser mais emocionante, cando transitamos por esa intensa oferta de temas e de percorridos autodidácticos que nos adentra en diversos contextos da arte e da historia, onde a Galiza apoteótica e creativa presenta os seus mellores dotes de gala e plenitude. Esta enciclopedia colócanosno noso herdo identitario e creativo e en tódalas escenas universais que nos cercan, coa singularidade mais activa que percibimos deste enorme legado que Antía e Antón nos ofrendan.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras