'Cartografía do abismo' de Ronaldo Cagiano - 10/12/2021
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

A poesía brasileira contemporánea, promovida por grandes vultos da creación e da contundencia lírica, posiciónase nunha das mais importantes do mundo, tanto en calidade como en cantidade. Todo un acervo moito activo e sólido que os lectores de poesía, e non só, cartografia do abismo de ronaldo cagianoteñen o deber de asentarse na reflexión que emiten os prodixiosos poetas brasileiros, os protexidos de Orfeo, en súas activas singraduras que procuran a estabilidade en porto seguro. O Brasil pode que leve a ática primacía dos grandes poetas naturais do Estado de Minas Gerais. Pensemos na "Poesia dos Inconfidentes", nas propostas de Cláudio Manuel da Costa, de Tomás António Gonzaga e de Alvarenga Peixoto, que desde a cidade mineira de Ouro Preto dinamizaron a poesía pre independencia nacional do Brasil. Quere dicir que Minas Gerais anticipouse a non poucas realidades e vitorias nas que descansa a unidade e a independencia do Brasil. E nesas potencialidades actúan os poetas mineirosna sobriedade do tecer os seus versos, privilexiando a magnífica poesía do século XX e XXI, que aínda ten conclave nos excelsos poetas de Minas Gerais, como Alphonsus Gimaraens, Murilo Mendes, Carlos Drummond de Andrade, Henriqueta Lisboa, Affonso Ávila, Joanyr de Oliveira, Anderson Braga Horta, Affonso Romano de Sant'Anna, Aricy Curvello, Carlos Ávila, Iacyr Anderson Freitas, Edimilson de Almeida Pereira e Andityas Soares de Moura, entre tantos outros.

Mais aquí de quen quero e debo falar e de outro dos grandes da poesía de Minas Gerais, de Ronaldo Cagiano, mineiro de Cataguases (1961). Formado en Dereito, actualmente residente en Lisboa. Sobre todo integrarme no seu último libro: "Cartografía do abismo", editado por Laranja Original, São Paulo (2020). Das sete tutelas que este poeta coloca no inicial do seu poemario, de atraínte atención é o primeiro, da autoría de AdemirAssunção: "Quanto abismo cabe / na palabra abismo”. Unha óptima conxectura que leva ao lector a coidar da dimensión creativa deste poeta e do tecido experimentalco que se encontrará neste libro. Pois aquí reside toda unha eficacia de percursos iniciáticos que nos adentran no roteiro dunha poesía lexitimada nas preponderancias dun grande entusiasta enactivar unha poética fresca e íntima de determinantes contundencias que determina un imperante desafío metafísico. Instalados na lectura deste libro,en súa grandeza perfecta e axiomática,encontraremos ao labrador da palabra, na que estaremos asentados nela e conscientes do enorme valor creativo e exenta de vacuidade, que ben se anuncia nos primeiros poemas en visita pormenorizada: "A vida: essa máquina profunda / de gerarvertigens".

ronaldo cagianoA vida na vertixe dos acordes e dasconcordancias que a poesía dita, tantas veces útil para adentrarnos en nós mesmos. Mais o apelo á palabra liberadora que Ronaldo Cagiano propón, con certeiro cálculo de severidade, en procurar para a poesía a lexitimación dunha linguaxe extremadamente útil para desentrañar unha obra madura e resistente, incapaz de endurecer os primordios en que se debe rexer a linguaxe poética como arte inalienábel, nunca sometida a preceptos de carácter sorpresa, como habitualmente vemos en tantos versificadores -por non dicir versicidas- que se resisten a manter un diálogo coa poesía, na absoluta necesidade de comprender os códigos disuasorios que manifesta a arteria monumental dunha verdadeira obra poética, como acontece coa linguaxe (en súa totalidade) con "Cartografia do abismo", obra dun poeta-protector da palabra que escudriña todos os camiños angustiosos que provoca a pedra no camiño drummoniano. Cagiano sabe moito ben limpar o camiño onde a palabra ten obstáculos en seus espazos de residencia e crear o seu propio universo poético, en tantos conceptos e fórmulas poliédricas que sosteñen a súa poesía. Nesa súa mesurada, Ronaldo Cagiano alicerza o tecido arquitectónico da súa particular arte e economía da linguaxe. Neste sentido, lémbrame o que dixo Paul Valéry, sobre este tema: "A poesía é unha arte da linguaxe; certas combinacións de palabras poden producir unha emoción que outras non producen, e que denominamos poética". Neste perfil vemos a autoridade do poeta mineiro, estar na busca e rebusca desa infinidade contemplativa de conquistar a beleza, o amor e a perfección que resplandece na súa poesía. Nesta dirección, manifestou outro poeta francés, Marcel Béalu: "A poesía é amor, e tamén necesidade, nestes tempos de sectarismo e odio".

No poema "Identidade", Ronaldo Cagiano define a xénese do poema como espellismo ao que debemos concorrer para verificar en que grado actúa a verdade -a nosa verdade- e auto restituírnos no don dunha só palabra que potencie o verso resoluto para definir unha auténtica obra poética, como a que comprobamos neste poemario. O mencionado poema, define a constancia intelectual con que este autor dinamiza a súa poesía, sinalando: "Quandoescrevo, / háumrebanho atormentado / dentro de mim// E o poema / único lugar onde a / verdade mora sem / se corromper".