África: un continente partillado - 11/03/2022
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Estamos na nebulosa inicial dunha guerra desapiadada que entrou nas nosas moradas e,

tristemente, visibilizamos o espanto da mesma, case ao minuto de suceder o xenocidio

africa un continente partilladoque se comete co pobo indefenso de Ucraína. Todo en nome da súper arrogancia do ego e

do ditame único con que se abastecen perversos persoeiros. E nestes días de malévola

persecución, terror, fuxida e morte das xentiñas de Ucraína, chegoume de Lisboa, do

Centro Cultural Luso Moçambicano, por iniciativa do vello amigo Lívio de Morais,

pintor, e profesor de Historia de África, un interesantísimo catálogo da exposición:

"Arte Africana dos Museus de Etnologia Europa - África - EUA", exposta na Casa da

Cultura Lívio de Morais. Un suculento contributo de creatividade da arte espoliada por

aventureiros sátrapas que forneceron os museos europeos coa rapina, cruel e desmedida,

polos que partillaron vilmente África.

Un extensivo e suxerinte catálogo de arte africano, no que vibra a creatividade que

cada unha dos grupos étnicos e culturais manifestaron as particularidades sociais de

seus microcosmos que configuran o enorme macrocosmos, con eses formatos en que foi e é

entendíbel ese poder creativo e manifestado nesas minucias de arte que o pensamento

exclusivamente africano nutriu de encanto e, tamén, de fortuna metafísica a cada unha

destas particularidades desa acción material e das crenzas animistas da Mai África.

Aquí está esa incontinencia de saberes e de aconteceres nestas esculturas matriciais

africanas, expresando nesas mulleres embarazadas e maternais, un cántico universal á

vida. Coidadosamente expresado todo ese universo unificado nos parámetros universais

da África toda; sustentando un amplo escenario de modalidades que fomentaron ese

increchendo fabuloso que desvela tanta tradición, lexitimidade e humanidade en todas

as confluencias que contribuíron a levantar esa África expresiva que vemos nesas

molduras. Sempre reveladoras polos que tiveron unha visión distinta aos poderes

colonialistas. Como sucede con Pablo Picasso, que introduciu eses formatos de máscaras

no cubismo das "Les Demoiselle d’Avignon". Tamén, Henri Matisse conformou na súa

pintura esa África indisolúbel, das danzas e das núas pubertades. Podemos mencionar a

outros pintores que beberon das referencias da arte africana. Mais Picasso e Matisse,

rescataron ese potencial expresivo e universal da arte africana.

africa un continente partillado.jpg 1No que respecta ao informe histórico da partilla colonial de África citado neste

catálogo, que describe ás seguintes potencias Europeas que partillaron África:

Portugal, Holanda, Francia, Inglaterra, Alemaña, Bélxica, Italia e España. Desta

partilla xeográfica, ficou alterada a cultural, os grupos étnicos, as linguas de cada

comunidade, as tradicións e as crenzas. Todos estes atributos funcionais dos africanos

foron sometidos a unha prédica continua e exercida con coacción, por parte duns

dominios políticos e relixiosos que instrumentaron e terxiversaron as crenzas dos

africanos como erradas, por parte dos colonizadores. Na partilla egocentrista de

África, amañada e resolta polos países mencionados na "Conferencia de Berlín" (15 de

novembro de 1884 ao 26 de febreiro de 1885) organizada polo todopoderoso chanceler do

Imperio Xermano, Otto von Bismarck, resolveron a desfeita do continente africano;

roubando as súas materias primas; organizando represións e asasinatos para os que non

se sometían ás ordes e formatos que estipularon os colonizadores. Este catálogo

expositivo relátase unha documentación moi especial e pedagóxica dos tráxicos

aconteceres de África despois da "Conferencia de Berlín", con achegas á loita de

Liberación Nacional de cada un dos países africanos que resolveron seu futuro

accedendo a súa independencia através do século XX.