Borralleira para sementar unha verba

 

borralleira para sementar unha verba 210x315Conscentemente son pedra,                  
herba,
vento.

Os meus pasos son
os propios do meu camiño.
Eu camiño con verbas,
con inseutos,
con sapos,
con corpos fuxidíos
na noite atreboadora.

Estou abafado cos meus
 irmaos na terra
ferrollenta e indecisa.

Son neto do primeiro día,
fillo
dunha hora din lembranza.

Percorro sombras,
debrúzome dediante
dos espellos silandeiros,
atopo paredes
feitas por miopes
e pola iñorancia conquerida.

Por eso hai fósforos,
máquinas mentireiras,
televexos bébedos
que reinventan letra a letra
a metamórfosis do home adormecido.

En Galicia o povo cheira a sol
dende que vai metido
dentro dunha cesta
de vendedor de arañas,
ouh Celso Emilio Ferreiro,
meu poeta...


_______________

NOITE DOS POETAS

Nesta noite famenta i abraiada
na que os adibales atan ó esprito
dos povos, dos poetas, das pantasmas,
hai algo de frustrado e maquiavélico.

Son noites que teñen unha luz
nas praias pra mentir o oucéano.

Noites que esquencen que a dór
dos poetas non é intencioada.

Imporiso o tórax,
a clávicula,
as tibias
descansan ó longo dunha estrumeira,
dunha língoa maltreita e despreciada,
dunha erela
que ninguén ven a redimir.

Sufrimos unha noite de migallas
que agachan a distancia i o silencio
a que cravou a nosa voz
na escuridades máis arrepiente.

Percura o aconchego de tódolos poetas
que non teñan vendida a súa canción.

Cuando nos atopemos
habemonos de saúdar
con este verso enxoito de retórica:
<<¡Canta, berra, camaradas do día!>>
___________
Titulo: BORRALLEIRA PRA SEMENTAR UNHA VERBA
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 1974
Edita: Edicións XISTRAL