xose 1200x230

Do Faro ó Miño

do faro o miñoUN NOBRE COMPAÑEIRO

 

No prado de Lamavairo, atopei
un can vello e famento
e ollámonos
como fraternos vagamundos.

O can moía herbas menciñeiras
e abalaba cun frío arrepiante.
Coñeceu a miña gorxa rouca,
os meus pasos vestidos de pranto.
De súpeto, lambeu os méus farrapos
e aloumiñámonos como dóus samaritanos.
Dende entón, fomos
dous fideles e nobres compañeiros.
 
_______________
 
CASTIÑEIRO DO MEU LAR
 
Non sei se vives co vento
ou cos cadavres antergos,
castiñeiro groso e outo,
de ramallos cheios de versos.
 
Castiñeiro do meu lar
Cheio de sombras lizgairas,
nós, atados a grillós
e a cadeas milenarias.
___________
Titulo: Do Faro ó Miño
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 1978
Edita: Edicios do Castro

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras