logo opinionRutas do románico na Ribeira Sacra - 07.09.2010

XOSÉ LOIS GARCÍA
O románico dos tres municipios do sur da provincia de Lugo: Pantón, Sober e O Saviñao, goza desde o mes de xullo pasado dun proxecto, denominado Ronsel, no que está Xabier Simón e coordinado por Alfonso Campos, un coñecido activista cultural de Sober. Amais de ser, este proxecto, pioneiro de varias descubertas do románico e doutros parámetros que están vinculados a este, destaca a valoración dunha serie de templos que até agora estaban fóra dese rango peculiar que patrimonio e outros "mecenas" do mesmo debían coidar con mesura: o románico de entrambasaugas, entre o Miño e o Sil. Unha longa xeografía completamente esquecida, onde o románico tivo a súa preponderancia no proceso económico e poboacional no baixo medievo no que tocou a repoboación de viñedos, etc.

O románico da Ribeira Sacra, dos municipios mencionados, conta agora cun sólido programa inicial, que máis adiante pode dimensionarse noutras orientacións que consoliden a recuperación dun dinamismo no que o románico, deste espazo, teña varios respiros, un deles sexa o coñecemento e recoñecemento de moi variados monumentos que consolidan a historia, a arte e a simboloxía do románico deste enclave, até agora bastante ignorado.

A nivel de información diremos que a ruta 1, lle corresponde a Pantón e as visitas realízanse os venres pola tarde; a 2, a Sober e efectúase os sábados pola mañá e a 3 está designada ao Saviñao os domingos pola tarde.

Este repartimento de días e horarios ten a súa importancia, mais non é unha solución determinante para quen queira visitar estas igrexas fóra dos lindes programáticos. É comprensíbel que en cada igrexa tiña que ter máis información sobre a localización da chave, folletos de explicación mínima e incluso persoas que puideran explicar certas achegas iniciais. Isto sería mellorar as visitas, ou quizais axudar a darlle certo rango á visita, sen que os visitantes ficaran desatendidos, como acontece nestes momentos e a este nivel.

Sen dúbida, este proxecto é importantísimo e pode que consolide a verificación dun estudo amplo que xere moi diversas investigacións sobre o noso románico.

As visitas están orientadas cara á divulgación de varios extremos do románico, por seis persoas, neste caso mulleres, parcialmente ben documentadas. Cada unha co seu estilo de prioridade e explicación, ben diferentes dunhas a outras. Isto quere dicir que en función da súa disciplina académica e dos seus coñecementos radica a explicación. Unhas enfatizan certos elementos que pode que se lles escapen a outras. Isto quere dicir que non hai un método ríxido nin programado con relación as materias.

Esta maneira de conformar cada unha das guías o temario ao seu xeito, dá liberdade a varias expresións e interpretacións de aprendizaxe. Realmente isto é bo e consolida esa heteroxeneidade básica na que se conforma o románico.

Á fronte deste traballo, tan delicado como pedagóxico, están as guías: Araceli, Beatriz, Lourdes, María, Montserrat e Rosa.

Cada unha delas co seu xeito de orientación pero sempre con ese espírito aberto e dinámico de achega, contribuíndo a normalizar un estilo de arte e de vida que impregnou de sabenza esta ribeira, en moitos momentos tan desprezada como depredada.

Os visitantes ós nosos monumentos, neste caso, teñen un perfil ben variado, intelectualmente e de aprendizaxe. Neste mundo de masificación no que todo se confunde, observamos a visitantes e turistas, uns comodamente procurando información e formación das guías e os outros con cámara en ristre, cuxa importancia é captar imaxe e non explicación.

Outros, tan narcisos como pedantes, contradín as guías co fin de preponderar seu ego e seu personalismo en temas completamente ignorados por eles. Por sorte, este intrusismo é mínimo.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía