A Cataluña da cidadanía e da dignidade - 19 Setembro 2013
logo nosjpg

No Estado español hai unha idea simplista e allea aos aconteceres históricos daquel 11 de setembro de 1714: a invasión de Cataluña polas tropas borbónicas de Filipe V. Claro que os libros de texto escolares de caracter estatalista omitiron esa realidade histórica, do que aconteceu naquel 11 de setembro na defensa de Barcelona, onde foron asasinados miles de cataláns. Miles de encadeados e de exiliados. Así que as tropas casteláns impuxeron colonialismo, represión e o final das institucións nacionais de Cataluña. A nación catalana baixo un silencio impositivo. Mais a dignidade dos cataláns comezou a aflorar nesa raiceira patriótica lexitimando aspiracións de liberdade en terra asoballada. Durante todo o século XVIII a memoria do 11 de setembro non deixou de xermolar ese verdor de liberdade baixo a tiranía dos Borbóns. Toda esa potencia nacional rexurdía dunha maneira contundente, pragmática e contaxiante, como forza unificadora que foi respondendo a cada unha das contradiccións e inxerencias do Estado que atentaba contra esa rexa personalidade na nación catalana.

A utopía feita realidade nesa coexistencia de facer patria coa conciencia que forneceu ese corpo patriótico. A historia política de Cataluña amagada polo Estado español, forneceu esa incultura perniciosa de negar o innegábel dun pais que remontou tódolos proxectos de castración e alienación dun Estado ferreamente centralista e despótico. 

"As palabras xa deron paso a feitos, a concrecións cidadáns que expresan esa dignidade e esa maneira redencional de erguer a voz e os xestos pacíficos de independencia e dun Estado propio". 

A barreira mais esmagadora contra eses proxectos estatais, por parte da cidadanía catalana foi a lingua. Os recursos para engrandecer a cultura e a tradición foi o respecto ao herdo que se practicou nuns ambientes nada propicios e fronte a esa maquinaria estatal, que por tanto usala emerxeron contradiccións, fendas enormes onde o nacionalismo, dos primeiros albores do século XIX, emitiu esa expresión de resistencia a todo o que contaminaba o herdo; a todo o que non encaixaba no contexto da idiosincrasia nacional de Cataluña.

Mais tamén houbo intentos de reconciliar posturas que eses porcalláns estatalistas, sempre ousados nas súas verdades totalitarias, desoíron esas achegas e, ademais, utilizaron o escudo e a espada separadora, esa idea que se foi implantando no resto do Estado español. O desprezo ao outro foi sempre un atributo nada atípico dos homes de Estado que Castela investiu co nome de España, na toma de Granada, na colonización de América e, sobre todo, cos excesos do centralismo castelán por parte do Conde Duque de Olivares, precursor da colonización de Cataluña, polo menos o gran teórico.

Esas experiencias colonizadoras infundiron nos cataláns esa conciencia e esa enorme dignidade redentorista, nacionalista e independentista. Tres conceptos básicos para entender cada un dos parámetros e das estratexias que Cataluña foi harmonizando no contexto dun aparello de convivencia que os políticos estatalistas non só deixaron de ignorar senón de atacar frontalmente, con mentiras e provocacións en poderosos medios de comunicación da dereita estatalizada. A idea separadora nese continxente de quebrar vencello e clarividencias sobre un estado de cousas que se podían afrontar nun diálogo non tendencioso. 

"A diada do pasado 11 de setembro, clarifica moita dignidade e expresa un discurso único: a independencia".

Nestes momentos as palabras xa deron paso a feitos, a concrecións cidadáns que expresan esa dignidade e esa maneira redencional de erguer a voz e os xestos pacíficos de independencia e dun Estado propio. E estas aspiracións veñen dadas por amar o propio sen inxerencias; pola negación abusiva con que se ten tratado a Cataluña no tema do Estatut e a tardanza do Constitucional de dar unha solución xusta, entre tantos outros agravios. 

A diada do pasado 11 de setembro, clarifica moita dignidade e expresa un discurso único: a independencia. Esta aspiración non é unha idea oportunista ou demagóxica de CiU, é unha concreción da cidadanía catalana, o peso da tradición e da expresión dun pobo que desexa ser libre e afastado de rudimentarios manexos. A moitos cidadáns de Cataluña nos gustaría que o nacionalismo de CiU non totalizara a expresión popular como única dentro de seus plans e estratexias. CiU é un partido nacionalista da clase burguesa, en pouco ou nada representa os intereses da clase popular e traballadora de Cataluña. Mais a idea conxuntural do nacionalismo catalán é moito mais ampla e madura ao que se refiren os medios de opinión, interesados en deformar a realidade.