A crise da cultura e a defensa do propio - 04 Outubro 2013
logo nosjpg

Fáltannos programas e propostas que suxiran un cambio cualitativo no mais elemental e urxente da actual cultura galega. Estamos asistindo a unha ampliación de contidos dosificados polo poder e ben distintos ao que atinxe a unha sociedade deprimida e non asistida no social, fronte a unha ruptura do modelo medio de benestar que xa non nos asiste. Perdemos capacidade de defensa ante tanta anomalía programada por gobernos, sexan centrais ou autonómicos, adeptos ao sistema, usufructuarios e partícipes do mesmo. Nesta vía, aínda podemos argumentar outras carencias e decadencias que hai algúns anos era impensábel predicir tal sometemento que protagonizou esa manada de voraces corruptos e de demagogos que reparten o botín baixo o teito das institucións.

"As enormes e variadas testemuñas que manifesta unha crise social, impera noutra crise mais ampla como é a de ámbito cultural"

O drama da cultura que nos asiste, colócanos nunha indefensión excepcional. As enormes e variadas testemuñas que manifesta unha crise social, impera noutra crise mais ampla como é a de ámbito cultural. Aqueles que revelan claves da crise económica que estamos soportando, esclarecen moi pouco o significado e cambio de rol sobre a crise cultural.

Cando se fala de crise todos entendemos que se trata da económica e non dos cambios operados na simetría cultural, tanto na formación da mesma como no formato establecido no cal nos movemos. Neste caso, xa non valen os vellos argumentos fronte a decadencia da mesma, producida pola penetración do sistema capitalista e polo apoio de seus adeptos que son os axentes que liquidan esa outra cultura social, amparada na permanencia colectiva que prevaleceu estacionaria a causa das demoras e anomalías producidas polos que negaron un desenvolvemento activo, no que corresponde a unha sociedade normalizada, no que debía estar todo o conxunto global da cultura galega, nos diversos campos sociais, económicos e institucionais propios.

Estas anomalías e anacronismos que predominan na sociedade galega, sobre todo nas clases asalariadas, prodúcese pola falta dun contrapeso social que aspire a un avance activo no que respecta a consolidar o nosa identidade nacional. Neste caso, a nosa cultura nacional, aínda dentro duns moldes clásicos e cunhas forzas productivas adaptadas a un modelo foráneo que non corresponde á nosa cultura nacional, fáltalle erixir eses valores culturais que emerxeron do propio pobo. Neste caso, o mellor ensino que nos ven da tradición e do identitario é a memoria.

"A nosa crise cultural está enmarcada dentro do problema nacional, no que se intenta raptar a nosa historia, coa colaboración de galegos nativos, non de sentimento"

É evidente que o ensino publico que nos veu dos ministerios centralizadores foron nocivos no esfarelaron da nosa cultura. Datos estatísticos o confirman. Velaquí a outra grande marxinación social e estructural que nos veu do ensino estatal, cargado de non poucos tópicos e negacións da realidade e das frustracións de Galiza. Esta anacronía fíxonos estar en permanente crise que marcou diversas características dun desencontro con nós mesmos. Evidentemente, unha crise cultural pode resultarnos mais insoportábel que outras que se fundamentan en aspectos materiais e sociais.

Non é necesario buscar rigoristas, nesta materia, para comprobar que a nosa crise cultural está enmarcada dentro do problema nacional, no que se intenta raptar a nosa historia, coa colaboración de galegos nativos, non de sentimento. A cidadanía que acepta esquecer a historia do seu pobo e non exerce a súa capacidade para dinamizar e normalizar as diversas realidades históricas está, estúpidamente, colaborando cos agresores e colonizadores de dentro e de fora da nosa nación. Desta maneira, o noso futuro cultural sempre será incompleto se non se ten en conta a historia da cultura: verdadeiro motor dun cambio integral que precisamos para ter capacidade de facer cambios estructurais e para definir unha crise de cultura, das proporcións que se constatan actualmente na Galiza.