A Quenlla do amor, da dor e da loita - 17 Abril 2014

Dous CD’s con 26 cancións inéditas completan o álbum musical do grupo “A Quenlla”. O título destas gravacións non deixa de ser atractivo e suxerinte para un país, como noso, tan falto desas recreacións musicais que aínda nos falan do amor e da sensibilidade que propagan terra ceibe, nación unánime e resoluta. “A Quenlla” está aí co eco e co berro enxalzando liberdade e conciencia do que somos. 

Dous CD’s con 26 cancións inéditas completan o álbum musical do grupo “A Quenlla”. O título destas gravacións non deixa de ser atractivo e suxerinte para un país, como noso, tan falto desas recreacións musicais que aínda nos falan do amor e da sensibilidade que propagan terra ceibe, nación unánime e resoluta. “A Quenlla” está aí co eco e co berro enxalzando liberdade e conciencia do que somos. 

"Mini e Mero marcaron a conducta de compromiso coa que “A Quenlla” compón e espalla os ecos precisos e tan puntuais que descarnan actitudes que oprimen". 

“A Quenlla” de Mini e Mero, seus fundadores de fai trinta anos, xente nobre e concisa en abrir camiños non transitados. Eles veñen sendo os pioneiros dun compromiso, xunto ao resto do grupo musical, definen as esencias inmorredoiras do que debemos codificar. O longo traxecto de Mini e Mero no eido musical e nas instancias creativas da nosa canción, os atopamos nos inicios de “Fuxan os Ventos” naqueles anos de grandeza e, tamén, de renuncia polas  miserias e intereses de barateira. O dúo non renunciou a facer país, posicionouse á marxe dos acomodos de vivir da música e estar de costas as realidades dolorosas do noso país. 

Mini e Mero marcaron a conducta de compromiso coa que “A Quenlla” compón e espalla os ecos precisos e tan puntuais que descarnan actitudes que oprimen. A denuncia nas voces e nos puños dun grupo que non se rende e que se posiciona a contracorrente das abondosas voces manseliñas que consenten tanta desfeita. Pobo que non canta as súas emocións está condenado a ser ren do seu propio silencio. A actualidade social e política constatada pasividade nos ecos e nas palabras. Cada vez estamos mais reducidos pola palabrería oca e polos ruxidos de tons e sons que anulan compromiso.

Quen siga a senda musical de ”A Quenlla” percibirá as dimensión de seu compromiso existencial e dunha creación con fondas e potentes raíces populares, que xurdiron dunha fidelidades ao país. É verdade que estamos orfos dunha patente musical que escudriñe as diversas problemáticas galegas que vén afrontando “A Quenlla”. Nesa raiceira está a fertilidade da palabra ergueita e o son expansivo que latexa esperanza e recupera memoria. Esa memoria histórica que a tantos molesta, está nos rexistros do grupo musical como o anterior CD, titulado: “Os irmandiños”, poemas musicados do libro teatral: “...Unha vez foi o trebón”, da autoría do noso saudoso poeta Manuel María. A memoria dunha revolta, desas que foron e son necesarias para mobilizar conciencias e entender os grados e opresión de clase e de nación.

"Quen siga a senda musical de ”A Quenlla” percibirá as dimensión de seu compromiso existencial e dunha creación con fondas e potentes raíces populares, que xurdiron dunha fidelidades ao país". 

As vinteseis cancións inéditas que, que levan por título: “30 anos con A Quenlla, de amor, dor e loita”, no que se compendia a recolla de letras dos nosos mais esgrevios  poetas, compromisarios de que a palabra e as voces xermolen conciencia e compromiso. A presenza de Cunqueiro, Curros Enríquez, Lorenzo Varela, Lois Diéguez, García-Bodaño, Rábade Paredes, Manuel María, Darío Xohán Cabana, e outros poetas veñen a conformar composicións musicais deste álbum, ao lado das propias letras e composición da autoría de Mero e de Mini.

O amor colectivo, protector de causas xenerosas e irredentas, tantas veces deostado, está presente no dominio desa sensibilidade misteriosa que só o ser galego o fai transcender nesa emisión que nos saca do reduccionismo e de tantas castracións que podemos superar. O amor carnal e individual, como o amor polo noso colectivo nacional, expresa liberdade e paixón redencional, que fica constatado nestes rexistros musicais de ”A Quenlla”. 

Tamén a dor apousa seus degoros nas harmonías destes dous CD’s. O noso pobo insistiu en cantar á dor existencial con palabras rudimentarias pero de profunda transcendencia no herdo e na permanencia. O noso pobo cantou; compuxo seus cantares doídos, tantas veces asolagados polas clases dominantes, mais eses tons e sons aparecen como resucitados nas composicións de Mini e Mero. A dor na canción doada, acordando amenceres de esperanza e dignidade nun tempo no que tantas cousas se frivolizan. A dor no ciclo da saudade: presenza viva do que non queremos que se perda. Mais é preciso o laio certo que nos ofrenda “A Quenlla” en varias dimensión das súas composicións. Os poetas cantaron ao que se perde, “A Quenlla” canta ao que no podemos tolerar de que se perda. Nesas voces comúns non hai renuncia ao  memorando da nosa identidade, revelando as dores e as subordinacións polos que promoven intereses de desfeita.

"O eco da liberdade, deste grupo musical, pulsa as alertas do que é preciso detestar cunha actitude de loita en tódalas direccións dun combate de fidelidade ao noso país".

A loita que se esclarece nestes cantares épicos e líricos procesan a tradición das confrontacións populares contra os intereses de usurpación da clase dominante. Epopeas que codifican actos heroicos da nosa historia; a loita necesaria e puntual no convite de ”A Quenlla”, nesa sonorización do mais elemental dun convite rebelde e contestatario contra todo o é improcedente. O eco da liberdade, deste grupo musical, pulsa as alertas do que é preciso detestar cunha actitude de loita en tódalas direccións dun combate de fidelidade ao noso país.

O esforzo de “A Quenlla” está promovendo unha innovación musical, partindo das composicións de Mero e Mini, recopiando aos nosos poetas de amor, dor e loita que non teñen caducidade, polo seu compromiso con Galiza. Desde hai trinta anos, este grupo musical está presente nunha multiplicación de actos que clarifican que a música é necesaria para entender a nosa cultura e a nosa redención.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía