O 1º de maio e a loita de clases - 01 Maio 2014

O 1º de Maio é o día internacional da clase proletaria; o día en que o proletario de Chicago ergueuse contra a explotación da burguesía capitalista, esta non dubidou en axustizar aos oito dirixentes, os coñecidos Mártires de Chicago en 1886. Outro voluminoso crime de Estado dirixido polo capitalismo ianqui, fronte o acordar da clase obreira en demanda de oito horas de traballo, oito de descanso e oito de cultura. 

O 1º de Maio é o día internacional da clase proletaria; o día en que o proletario de Chicago ergueuse contra a explotación da burguesía capitalista, esta non dubidou en axustizar aos oito dirixentes, os coñecidos Mártires de Chicago en 1886. Outro voluminoso crime de Estado dirixido polo capitalismo ianqui, fronte o acordar da clase obreira en demanda de oito horas de traballo, oito de descanso e oito de cultura. Esa reivindicación percorreu o mundo e resplandeceu en múltiples lugares. Galiza non estivo exenta deste resplandor. 15 anos despois dos acontecementos de Chicago, a clase obreira da Coruña revelouse contra a miseria de salarios, contra a fame, contraída pola falta de traballo.

"Galiza non estivo exenta deste resplandor. 15 anos despois dos acontecementos de Chicago, a clase obreira da Coruña revelouse contra a miseria de salarios, contra a fame, contraída pola falta de traballo".

Naqueles días do 30 e 31 de maio de 1901, o proletariado da Coruña ergueuse contra o asedio dos explotadores e estes non dubidaron en cometer outro crime de Estado, asasinando a oito traballadoras e traballadores, considerada a primeira folga xeral galega, na que se reivindicaba traballo, descanso e cultura, para as vinte catro horas partilladas en oito, respectivamente. Os oito mártires da Coruña tiñan sentimento proletario e esencia galega de nación e, tamén, nomes e apelidos nosos: Mauro Sánchez, veciño de Monte Alto; Francisco García Lodeiro, serrador; Benita García e Manuela González, serventas do Hotel Francia; Xosefa Corral; Antonio Bruno, augadeiro; Xacobe García, zapateiro; e Antonio Veiga, carpinteiro. Ademais destes oito asasinados pola garda civil foron encadeadas mais de 150 obreiros.

Dúas datas para lembrar as loitas de Chicago e da Coruña; para reflexionar sobre as loitas reivindicativas daquel mundo industrial do século XIX e XX e sobre a formación dun proletariado hostil á explotación capitalista. Actualmente somos debedores mudos e esquecedizos daquelas loitas precursoras de enormes cambios sociais e políticos. Neste 1º de Maio, día internacional da clase proletaria, é lícito pensar porque se festexa unha derrota, mais é unha festa de rebeldía conta os opresores; un día para potenciar a voz ante tantas inxustizas e ir alén do que se escoita nas rúas de miseria, nese sempre presente laio de Xob, que é mesmo o dos desempregados: “Berro “inxustiza”, pero ninguén responde; pido “axuda”, pero non me fan xustiza”. 

Este laio bíblico escoitase con solemne repercusión cando millóns de excluídos van tras das migallas da opresión. Moi poucos proclaman o que dixo Rosalía: “A xustiza pola man”. Cómo e cando? Volvendo ás esencias, ao reencontro das encrucilladas onde as loitas suspenden os laios e as fraquezas dan alborozo de liberdade e solidariedade, para partir polo camiño redencional dos que sufren e traballan. Volver as esencias quere dicir recobrar a ideoloxía perdida polos falsos proletarios con aspiración a burócratas e convertidos en espoliadores de clase. O colaboracionismo está á vista no fraude político dos confabuladores de “esquerdas” e “sindicalistas” de falsa conciencia e traxectoria, asentados nas poltronas miserábeis que lles tende o poder.

"Os oito mártires da Coruña tiñan sentimento proletario e esencia galega de nación e, tamén, nomes e apelidos nosos. Ademais destes oito asasinados pola garda civil foron encadeadas mais de 150 obreiros".

Neste dirección estamos perdendo tempo e espazo, e para repoñerse hai que ir aos principios ideolóxicos que se teñen abandonado. Nesta dirección, talvez atopemos respostas do que acontece cos traballadores expoliados de hoxe. Dicía Marx: “O tempo é o espazo en que se desenvolve o home. O home que non dispón de ningún tempo libre, cuxa vida, prescindindo das interrupcións puramente físicas do sono, das comidas, etc., está toda ela absorbida polo seu traballo para o capitalista, é menos aínda que unha besta de carga. Fisicamente esnaquizado e espiritualmente embrutecido, é unha simple máquina para producir riqueza allea”. Somos conscientes deste espazo no que comeza e remata a castración da clase traballadora?

No capítulo XXIV de “O Capital”, Marx volta a insistir: “No transcurso da produción capitalista, vaise formando unha clase obreira que, a forza de educación, de tradición, de costume, sométese ás esixencias deste réxime de produción como as mais lóxicas leis naturais. As organizacións do proceso capitalista de produción xa desenvolvido vence tódalas resistencias; a creación constante dunha superpoboación relativa mantén a lei da oferta e da demanda de traballo e, por elo, o salario a ton con as necesidades de crecemento do capital, e a presión xorda das condicións económicas sela o poder de mando do capitalista sobre o obreiro”.

Co actual goberno do Estado español estamos observando crúas realidades cando se converte en obediente representante da clase capitalista. Redactando e aprobando por decreto leis de opresión, de desfeita de postos de traballo, onde a máquina é a infiel substituta do traballador. Infame a situación, mais conta con cómplices que toleran e manifestan xustificacións. A democracia mangoneada por unha clase que manipula o Estado en seu beneficio. Sobre esta comuñón, volvemos a Marx: “A burguesía, que vai ascendendo, necesita e emprega aínda o poder do Estado para “regular” os salarios, é dicir, para suxeitalos dentro dos límites que benefician á extracción de plusvalía, e para lograr a xornada de traballo e manter ao mesmo obreiro no grado normal de dependencia. Este é un factor esencial da chamada acumulación orixinaria”.

O 1º de Maio evoca acción e estimula a blindarnos no vencello das grandes leccións do pasado. Fáltanos conciencia do pasado; memoria da loita de clases e das súas definicións ideolóxicas do que nos precedeu. Sen ideoloxía da clase obreira non hai orientación posíbel para facer unha lectura correcta sobre o contexto insocial que nos asiste. Hai prioridades que asustan, medos que nos acoitelan mais estamos nun estadio de tomar autodeterminacións colectivas, ensanchar a palabra revolucionaria. A palabra xusta e non temeraria sempre foi revolucionaria. A clase asalariada precisa de contundencias, nesta circunstancia, non destinguimos a un obreiro de outro asalariado técnico ou intelectual que está baixo o control dun capataz ou dun reloxo, para cobrar a fin de mes. As relacións e estratificacións de traballo, concibidas pola clase dominante, son factores de estratexia para dividir aos diversos extractos da clase asalariada.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía