Alba heatha snein o reo (A independencia é o futuro de Escocia) - 18 Setembro 2014

Histórico o día de hoxe para a cidadanía de Alba (Escocia) e para as nacións sen Estado. E para os que reivindican a súa vontade soberana, sen que moitos estados egocentristas decátense que a poderosa vontade dunha cidadanía, con conciencia e en democracia, perciben de que a súa nación está asoballada en diversos niveis e manifestacións. 

Histórico o día de hoxe para a cidadanía de Alba (Escocia) e para as nacións sen Estado. E para os que reivindican a súa vontade soberana, sen que moitos estados egocentristas decátense que a poderosa vontade dunha cidadanía, con conciencia e en democracia, perciben de que a súa nación está asoballada en diversos niveis e manifestacións. O espertar de Escocia, nas súas loitas por prevalecer na súa idiosincrasia e pola súa independencia, é irreversíbel. Por tanto, o famoso lema do Partido Nacionalista Escocés: “Alba heatha snein o reo”, compulsa moitos horizontes no día de hoxe por esa liberdade desexada e por merecer un “yes” que esperamos que sexa maioritario e apoteótico.

"O espertar de Escocia, nas súas loitas por prevalecer na súa idiosincrasia e pola súa independencia, é irreversíbel". 

Escocia ten unha superficie de 77.376 Km2., e unha poboación de preto de seis millóns de habitantes. As súas materias primas son moi particulares e moitas delas son a cabeceira produtiva do Reino Unido, como o primeiro produtor de Europa en petróleo, gas, pesca, fluído hidroeléctrico e doutras enerxías renovábeis. Mantendo esta primacía,  Europa nunca poderá ignorar este feito e dicir non á súa integración na CEE. 

Compre lembrar a formación de Escocia como ente nacional, que procede daquela vasta cultura céltica dispersada por Escocia, Irlanda, Gales, Cornualla e Illa de Man. No caso de Escocia o clan tribal transfórmase nunha monarquía estatal, no século IX, proclamando como rei a Kenneth. Pouco mais tarde, Malcoln II (980-1034) foi rei de Escocia desde 1005 até a súa morte, afrontando un combate fronte as aspiracións anexionistas dos anglosaxóns. Mais o Estado escocés independente agrandouse e exhibiu o seu protagonismo ao non tolerar as agresións estranxeiras. En pleno século XII o rei David I organizou as milicias do reino cunha suculenta corte de cabaleiros e cunha organización eclesiástica da chamada Curia Regis, da que xurde unha clase económica moi dinámica para os intereses nacionais de Escocia, cuxas estruturas beneficiaron a seus habitantes.

A historia de Escocia relata un século XIII convulsivo entre as varias estirpes reais. Á morte do rei Alexandre III, herda o trono unha muller a que non aceptan os partidarios de que fora un home escocés de estirpe normanda, neste división nacional proclámase rei de Escocia a Balliol. Por causa desta proclamación Eduardo de Inglaterra invade Escocia e depón a Balliol. A resposta dos escoceses maniféstase nunha guerra de liberación nacional dirixida polo inesquecíbel heroe nacionalista, William Wallace (1270-1305). O home que loitou desesperadamente por recuperar o reino escocés na batalla de Falkirk en 1298, sendo derrotado e vilipendiado até que a súa cabeza foi pendurada en Londres, nas torres da catedral de Westminster. Mais o escarmento que tentaban os ingleses de humillar a Escocia, serviu para acelerar a imaxe e o exemplo de William Wallace, que ficou como heroe e mártir. Os escoceses connotan honor e imitación neste liberador que sempre o mantoiveron como símbolo das libertades de Escocia. A memoria de Wallace permitiu alzarse en contundentes ocasións contra aos ingleses e vencelos en 1314 en Bannockburn, que lles permitiu organizar o seu Estado independente, reforzando un novo exército que freou as inxerencias inglesas contra a independencia de Escocia. 

Despois de varios problemas como país envexado para  dominar aos escoceses, durante os séculos XIV e XV caracterizouse de baixa tensión as aspiracións inglesas. Mais os escoceses, no século XVI, participaron dos avatares políticos exteriores, con Inglaterra e Francia, en plena Reforma, blindando o gran movemento relixioso protestante que propiciou Patrick Hamilton (1504-1528), o mártir da reforma escocesa. Mais o protagonista desta reforma foi John Knox (1514-1572), amigo de Calvino e fundador da igrexa presbiteriana. Knox e a súa igrexa deron un enorme impulso popular en reforzar tódalas defensas contra as aspiracións inglesas. Knox foi un arduo definidor da nación escocesa, no plano relixioso. O gran problema deste reformador foi a introdución do idioma inglés no culto das igrexas reformadas de Escocia. Isto facilitou unha fonda intromisión ás aspiracións inglesas no século XVII. Concretamente en 1650, Oliver Cromwell, invade Escocia e vence aos escoceses na batalla de Dunbar, onde morren mais de cinco mil escoceses e dez mil prisioneiros.

"Compre falar do compromiso da clase proletaria en favor da emancipación nacional escocesa que se deu durante o século XIX e XX, cando o movemento obreiro escocés tivo unha concepción emancipadora sobre a cuestión nacional". 

Pese a esta desfeita, a burguesía comercial escocesa e os gremios, crean o Partido Nacionalista Presbiteriano que apoiará o surximento comercial cara Europa, América e África, mais pacta cos intereses centralistas ingleses, isto fai que en 1707 establézase unha unión parlamentaria entre Escocia e Inglaterra. Conseguindo, os ingleses, violar o Tratado de Edimburgo e deixando aos escoceses sen ningún amparo das súas leis e institucións.

Compre falar do compromiso da clase proletaria en favor da emancipación nacional escocesa que se deu durante o século XIX e XX, cando o movemento obreiro escocés tivo unha concepción emancipadora sobre a cuestión nacional. James Hardi, líder dese movemento, creou en 1906 o Partido Laborista de Escocia para loitar contra a burguesía escocesa, aliada da inglesa.

Nesta loita, foi interesante a dialéctica e o pragmatismo de John MacLean, ese enorme político marxista escocés de matiz radical, que tentou unificar o proletariado irlandés, galés e escocés. Nos anos vinte do século pasado, creou o Partido Republicano dos Traballadores de Escocia. MacLean proclamou que Escocia era unha colonia mais de Inglaterra. Esta toma de conciencia, de ser un país colonizado, xurdiu en 1934, o Partaidh Naizeanta na h-Alba (Partido Nacionalista de Escocia).

Nesta dirección xurden outros partidos de matiz independentista que recolleron o legado das grandes loitas reivindicativas que lexitimaron una Escocia independente como nación libre, co imperativo de superar as súas frustracións coloniais e pór en vigor a súa historia e as súas loitas por recuperar a súa personalidade, expresada na liberdade e na autodeterminación.

Toda unha longa crónica milenaria, que aquí sintetizamos, mais non deixa ao lector indiferente fronte a ese longo acoso por un Estado centralista e masacrador que se repetiu en outros Estados de Europa. Escocia non aboliu nin esqueceu as súas sinais de identidade, e foi así como chegou ao día de hoxe, en que se pon en plebiscito a súa independencia.

Hoxe é un día grande para Escocia, pola conquista de que o voto chegue a decidir nas urnas, por enriba de vontades adversas e de cuspidelas no rostro dos escoceses. Un día tan grande e inesquecíbel para a historia, tanto se gaña o “Si” como o “Non”. A democracia e iso, o uso da normalidade e, tamén, para as autoridades unionistas de Londres a práctica democrática non deixa dúbidas. Algo do que tiñan que aprender outros Estados obstinados en vulnerar o sentido mais estrito da democracia, que a cidadanía decida sobre asuntos tan fundamentais como o do “Si” e do “Non” dunha cuestión tan sublime como a decisión á independencia.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía