As alucinacións do bispo Reig Pla - 02 Outubro 2014

Cando oín falar a Juan Antonio Reig Pla, bispo de Alcalá, sobre asasinatos de nenos, en comparación nazis, de nais cómplices de abortos, de políticos asesorados por feministas radicais, e outras indecencias en vertical, dubidei do que estaba saíndo por esa boca pecaminosa, se era mesmo a dun prelado obstinado en colocarse no sitial dun pantocrátor e exhibir o Ego sum da intolerancia e azoute de perversos, ou si se trataba da boca de leviatán e non dun bispo, dado que verbalizaba cuestións que non se entendían polo exceso de tanto incendio e baba que saía por perseguidora boca, como proclamando ao anticristo. 

Cando oín falar a Juan Antonio Reig Pla, bispo de Alcalá, sobre asasinatos de nenos, en comparación nazis, de nais cómplices de abortos, de políticos asesorados por feministas radicais, e outras indecencias en vertical, dubidei do que estaba saíndo por esa boca pecaminosa, se era mesmo a dun prelado obstinado en colocarse no sitial dun pantocrátor e exhibir o Ego sum da intolerancia e azoute de perversos, ou si se trataba da boca de leviatán e non dun bispo, dado que verbalizaba cuestións que non se entendían polo exceso de tanto incendio e baba que saía por perseguidora boca, como proclamando ao anticristo. 

"Cando oín falar a Juan Antonio Reig Pla, bispo de Alcalá, sobre asasinatos de nenos, en comparación nazis, de nais cómplices de abortos, de políticos asesorados por feministas radicais, e outras indecencias en vertical, dubidei do que estaba saíndo por esa boca pecaminosa"

Pensei que se trataba dun insurrecto alucinado e apocalíptico, albergando unha paixón díscola no cultivo dun adoutrinamento moi rudimentario emerxido dun fanatismo mais rancio e persecutorio, que está a facer estragos nunha Igrexa en caída libre, por non corrixir deslices como os do tal bispo. Tiven mágoa polas bocaladas do bispo de Alcalá,  exentas de xenerosidade evanxélica. Non nego a súa fe. Mais toda fe que non pasa pola criba dunha autocrítica e posta á luz dos Evanxeos –falo como non crente-, incorre en dogma e este xera rexeitamento e remata por incorrer de crear un particular camiño dogmático que é por onde o señor bispo vomita anatema e destrucción.

O fachendoso álter ego de  Reig Plá minimiza as encomendas que Paulo fai na súa Primeira Epístola a Timoteo 3, 2-3: “Pero compre que o bispo sexa irreprensible, home dunha só muller, sobrio, asisado, comedido, hospitalario, capaz para o ensino; nin bebedor nin liorteiro senón indulxente; home de paz, non amigo dos cartos”. Neste caso, a prédica do bispo de Alcalá, non pasaría o exame. 

Así é como continúa dando couces contra o aguillón. Pero a realidade é tan contundente que deixa a un espido e vilipendiado sen darse conta. Nese reparto de paus a destra e sinistra, apareceulle, milagrosamente, a burra de Balán dicíndolle ao bispo: “Qué che fixen para que batas en min tres veces seguidas”. E o bispo continuo sen entender a metáfora do milagre. E posiblemente nada lle diga esta parábola de Xesús, con respecto de non xulgar aos demais: “Non deáde-lo o sagrado, ós cans nin lle botéde-las vosas pérolas ós porcos; non sexa que as esmaguen cos pés, e, virándose contra vós, vos esnaquicen” (Mateo 7, 6).

"Este tal bispo condena agresivamente ás vítimas; trata de arrancarlle ás mulleres un dereito de decisión persoal, impoñendo o seu manual teolóxico por enriba da ciencia e da liberdade".

Dadas estas anomalías pastorais de xulgar aos demais, sen conmoverse ante as palabras de Xesús, e de contradicir as palabras do seu xefe, o papa Francisco: “quen son eu para condenar aos demais?”. Mais este tal bispo condena agresivamente ás vítimas; trata de arrancarlle ás mulleres un dereito de decisión persoal, impoñendo o seu manual teolóxico por enriba da ciencia e da liberdade. Nunca vin a monseñor Reig amparando a miles de nenos que carecen de sustento, iso non importa. Iso non vai comigo. Para el a muller está predestinada a parir e lavarlle a roupa interior a seu marido, este é un pensamento moi eclesiástico e fundamentalista.  Nin compartir o seu pazo episcopal cos desafiuzados. 

En cambio o bispo vai cargado de prendas medievais, como dicindo, respectádeme e adorádeme que eu non son deste mundo. Mais o mundo das necesidades concretas e do mais inmediato lanza o dardo do silencio e as igrexas fican solitarias, polo exceso de contradicións e de tanto exhibir a mitra e bater co báculo. 

En tempos de S. Antonio de Padua, ou de Lisboa, este predicaba nunha igrexa e entrou un bispo corrupto, coa súa pomposa mitra e votouno fora da igrexa: “Cornuti fuori”. Esa vestimenta episcopal desentoaba co hábito franciscano de Antonio, que así falou dos prelados: “Os bispos mitrados, que tên na cabeça dois cornos como se fossem touros. Todos estes que não fizeram verdadeira penitencia dos pecados, cairão no inferno”. E continúa: “Alguns, não entendendo este lugar,[de fé e comunhão] carregan o sobrecenho, como os Fariseus, como se se pudesse condenar inocentes e perdoar culpados, quando é certo que Deus não atende à sentença dos bispos e sacerdotes, mais à vida dos réus”. Os bispos están noutra onda e o de Alcalá no sétimo ceu. Fan moito ben, continúen.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía