A lusofonía en Viriato da Cruz - 13 Novembro 2014

A acción literaria da lusofonía, tan complexa e tan rica pola súa diversidade, motívanos a ir ao encontro dos grandes escritores que engrandeceron a escrita en lingua portuguesa desde Europa, América, África e Asia.

A acción literaria da lusofonía, tan complexa e tan rica pola súa diversidade, motívanos a ir ao encontro dos grandes escritores que engrandeceron a escrita en lingua portuguesa desde Europa, América, África e Asia. Todo un universo onde a lingua se fai común e se dimensiona en heteroxéneas parcelas culturais que dignifican a singularidade do bloque lusófono.

"A acción literaria da lusofonía, tan complexa e tan rica pola súa diversidade, motívanos a ir ao encontro dos grandes escritores que engrandeceron a escrita en lingua portuguesa desde Europa, América, África e Asia".

Viriato Francisco Clemente da Cruz (Porto Amboim, Angola, 1928-Pekin, 1973) é unha singular personalidade dentro do universo africano en lingua portuguesa que, no eido da poesía, xermolaron ideas e ritmos contestatarios desde os seus autorizados nove poemas, de relevante acción revolucionaria desde o elo da poesía e da política. Este complemento xustifica entrar no seu caudal creativo e  entender a un dos maiores poetas maiores da negritude, desde Angola. 

Viriato da Cruz foi ese enorme teorizador e activista anticolonial do “Movimento dos Novos Intelectuais de Angola”, ligado á creación do Partido Comunista Angolano (1955), membro fundador do MPLA e seu primeiro Secretario Xeral, rivalizando coas posturas leninistas de Agostinho Neto (nos postulados soviéticos) e Viriato no maoísmo, estas diferencias o obrigaron a refuxiarse na China.

A Viriato da Cruz ninguén nega, hoxe en Angola, a súa capacidade organizativa como emisor desa paixón de revelar a África toda desde a cultura Angola. Desde este extremo, a súa creación literaria ten xa unha alta estima para tódolos angolanos que lles revelou o esencial de varias frecuencias revolucionarias, tal como se connota nos seus nove poemas. Unha obra breve, unha liturxia para a reflexión, para a aprendizaxe de ser rebelde, amante da liberdade e de tódalas loitas posibeis.

"A Viriato da Cruz ninguén nega, hoxe en Angola, a súa capacidade organizativa como emisor desa paixón de revelar a África toda desde a cultura Angola".

Sen Viriato da Cruz a “Geração de Mençagem” estaría coxa. El conforma o sólido pé desa mesa ideolóxica, xuntamente con Agostinho Neto, António Jacinto e Alda Lara. Os seus poemas eríxeno como mensaxeiro maior que eleva a súa proposta poética a ese campo de revolta e posiciónase nun certo  hibridismo que confesan seus versos, onde a lingua quimbunda exerce seu ímpeto xunto a lingua portuguesa.

Os seus poemas valen para todos os países de lingua galaico-portuguesa, no que toca a conciencia nacional. Destacan esas emerxencias que Viriato da Cruz constata na súa breve obra, como un dos puntos necesarios como é o seu humanismo africano, como repulsa e loita contra o colonialismo, no que se connota o lema da dignidade universalista: “Eu sou, sim, sou um fanal / um fanal de emoção / ante a beleza das coisas e dos homens!”

O relato, a crónica enteira son o resume dos versos que pulsan cara a liberdade e cara a loita, en tódalas súas posibilidades, confirmando a grandeza do home angolano sumido na explotación. O poema “Makèzú” espreme os ambientes do asoballo, do racismo que soporta a vella Ximinha. E, aínda, as transparencias visuais que o poema: “Sô Santo” describe ao fachendoso intermediario dos brancos que se fai respectar polos do seu color, lucindo cobizosos emblemas de respecto: “Lá vai o sô Santo... / Bengala na mão / Grande corrente de ouro, que sai da lapela / Ao bolso... que não tem um tostão. Estamos falando dun emblemático poema entendíbel polos menosprezados e oprimidos. Un poema non ignorado nas nacións que compoñen a lusofonía.

"Os seus poemas valen para todos os países de lingua galaico-portuguesa, no que toca a conciencia nacional".

Ou aínda o poema: “Mamã Negra (Canto de esperança)”, onde a África toda atopa seu sudario e súa liberdade. A universalidade das mulleres e homes negros escravos noutros continentes fican esclarecidos como voces libres e áureas que Viriato matiza, nestes versos: “Vozes das plantações de Virgínia / dos campos das Carolinas / Alabama / Cuba / Brasil... / Voces dos engenhos dos banguês das tongas.”

Un poema clave para os de sempre: os desherdados da terra. Para a humanidade sensíbel con seus propios padecementos, totalmente lexíbeis e recoñecíbeis nos diversos pobos lusófonos. Nove poemas para reencontrarse coa persistencia da realidade opresora e para dialogar co soberano poeta da negritude, Viriato da Cruz, sempre á nosa espera.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía