Populismo - 27 Novembro 2014

Pode que o populismo estea perdendo o seu verdadeiro significado por parte de quen o practica. Non hai dúbida que nestes momentos de recaída política e económica, as clases populares rexeitan do bipartidismo que emprega a palabra populismo para acusar ao adversario de prácticas que eles mesmo usan e converterse en seus detractores. 

Pode que o populismo estea perdendo o seu verdadeiro significado por parte de quen o practica. Non hai dúbida que nestes momentos de recaída política e económica, as clases populares rexeitan do bipartidismo que emprega a palabra populismo para acusar ao adversario de prácticas que eles mesmo usan e converterse en seus detractores. 

"O populismo sempre foi patrimonio da dereita e de tódolos bipartidismo que se practicaron no Estado español"

O populismo sempre foi patrimonio da dereita e de tódolos bipartidismo que se practicaron no Estado español, con Cánovas e Salmerón, Maura e Romanones, Largo Caballero e Gil Robles, sempre foron de maos dadas co fin de depredar a quen saía en política emerxendo pola esquerda, para desautorizar o auxe do republicanismo, anarquismo,  comunismo e nacionalismo de clase. A santa unción de intereses da dereita de tódolos séculos contra a esquerda. Resulta evidente en tantas practicas e retóricas que xa ninguén cre, cando a demagoxia encóbrese no populismo coincidente que practican tanto Mariano Rajóy como Pedro Sánchez.

O posfranquismo trouxo un modelo de populismo, mesturado coas vellas practicas dos ditadores de quenda, que utilizou o bipartidismo PPSOE, cunha linguaxe camuflada en enxeños demagóxicos e de manifesta burocracia populista, que non mostra diferenzas entre líderes da dereita coa mal chamada esquerda.

Neste territorio, de pel de touro xa podrecida, houbo verdadeiros mecenas populistas; mestres de destingo, pese á súa camuflaxe, uns de populismo fácil e outros de populismo arroutado e narcisista, que se sustentou no caciquismo institucionalizado: dosificado de políticas retrógradas. Ese destrutivo populismo está nas hemerotecas e no Diario de Sesións do Parlamento Español, onde podemos observar como as gastaba esa escola de prolíficos populistas mentireiros como Lerroux, Besteiro, Fraga e o dúo González-Guerra. 

"Ambos coinciden, reiteradamente, en descualificar a Podemos, como un extraordinario vulto populista, carente de ideario e ligados a tódolos males satánicos chavistas e a outros persoeiros mete medos que xa non descolocan a ninguén".

O populismo acedo de antano está presente e persevera en persoeiros que practican a dialéctica da estrumeira para atraer a consideración dos que detestan das súas determinacións, como é o caso do presidente de Extremadura, José Antonio Monago, que utiliza como paracaídas o presente dos extremeños ao del propio. Os acopios do populismo despersonalizando os feitos e os contextos de realidades concretas da dilapidación do público e utilizando unha entelequia de salvación do común, cunha persuasión deshonesta: dose do populismo caciquil xa caduco. 

E neste estado de cousas a realidade lacerante con que os uns e os outros tratan de meter o abridor en cortiza podrecida para sacar a relucir o coelliño de indias, non deixa de ser un tema vetusto e superado pola realidade dos que xa non creemos en maxias e en misterios. Mais o populismo dos bipartidistas entrou noutra escena ben agrandado polo dominio que eles teñen nos medios de comunicación, fronte a un modus operandi dos que van descarnando os miolos desa entelequia transversal e putrefacta da cloaca, tan detestábel  pola cidadanía.

O valor das enquisas manifesta o indicio de trocar de orientación política, que non deixa de ser o mellor  indicativo que preocupa aos verdadeiros populistas do bipartidismo no poder e na oposición maioritaria. E ambos coinciden, reiteradamente, en descualificar a Podemos, como un extraordinario vulto populista, carente de ideario e ligados a tódolos males satánicos chavistas e a outros persoeiros mete medos que xa non descolocan a ninguén.

"O bipartidismo populista continúa sendo o inspirador de políticas beneficiarias do gran capital. A frustración da clase traballadora é un feito, seu cambio de rumbo pode eclipsar a santa irmandade bipartidista".

Curioso, os verdadeiros mecenas do populismo utilizan unha semántica nesgada para terxiversar a súa propia realidade e comportamento, atribuíndolle aos que nunca entraron no escenario da gobernabilidade, o que eles practican. Esta máscara populista a utilizou Fraga Iribarne en Galiza con relación aos nacionalistas. Poñendo en consabidas eleccións toda a maquinaria populista para depredar a seus adversarios mais temidos. 

Unha nova configuración social avecíñase, non pola prédica de uns, senón pola pretensión popular de procurar cambios obxectivos e capaces de desaloxar a demagogos populistas que están en súas áticas paranoias destruíndo puntualmente os logros sociais e populares da clase proletaria. O bipartidismo populista continúa sendo o inspirador de políticas beneficiarias do gran capital. A frustración da clase traballadora é un feito, seu cambio de rumbo pode eclipsar a santa irmandade bipartidista.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía