A Galiza universal de Rosalía de Castro - 19 Febreiro 2015

Aquel 24 de febreiro de 1837 nacía en Compostela María Rosalía Rita, “hija de padres incógnitos”. Así certificou o seu bautizo o crego, José Vicente Varela y Montero, e na marxe desta partida de nacemento, apuntaba: “No entró en la Inclusa”. Nestas circunstancias anómalas, nunha época de preconceitos e ocultismos, veu ao mundo a que sería a maior gloria e talento en concibir unha Galiza redenta e dona de si.

Aquel 24 de febreiro de 1837 nacía en Compostela María Rosalía Rita, “hija de padres incógnitos”. Así certificou o seu bautizo o crego, José Vicente Varela y Montero, e na marxe desta partida de nacemento, apuntaba: “No entró en la Inclusa”. Nestas circunstancias anómalas, nunha época de preconceitos e ocultismos, veu ao mundo a que sería a maior gloria e talento en concibir unha Galiza redenta e dona de si.
maior gloria e talento en concibir unha Galiza redenta e dona de si.

"Di Murguía, que estando Rosalía en Compostela, avistou un neno tísico pedindo esmola. Tal feito lle fixo tomar conciencia da situación do país".

Nos próximos días celebramos o 178 aniversario do nacemento de Rosalía. Naceu nun mes xélido que traía conmovedoras noticias co asasinato do escritor Aleksandr Pushkin e do suicidio de Mariano José de Larra, o que dixo de nós: “El gallego es un animal muy parecido al hombre, inventado para el alivio del asno”. Ese ano dramático traía outras conmocións como a Primeira Guerra Carlina, coa grata consolidación da Desamortización de Mendizábal, pola cal a Igrexa e a nobreza perdían patrimonio e influencia. Os “incógnitos” pais de Rosalía estaban, directa ou indirectamente vinculados a eses dous estamentos. Era o ano en que se restauraba unha constitución semi-liberal. E no que chegou a Galiza aquel vendedor de biblias inglés, George Borrow que deu á luz unha das mellores testemuñas escritas das precariedades polo que estaba sumida o noso pobo.  

O ano de 1837, en que se inicia a vida de Rosalía, representa a longa marcha da guerra carlina, da depresión económica e demográfica que marcan unha época de confusas problemáticas, polas que pasa a Galiza de meados do século XIX,  como a famosa fame de 1853, ano en que os labregos abandonaban as aldeas camiño das cidades. Di Murguía, que estando Rosalía en Compostela, avistou un neno tísico pedindo esmola. Tal feito lle fixo tomar conciencia da situación do país. Foi un impacto que imprimiu unha rebeldía sen reservas, tal como podemos ler neste poema de “Follas Novas”:

   “Tembra un neno n’ ò pórtico húmido”;
    d’ a fame e d’ o frío
    ten ò sello ò seu rostro de anxel,
    inda hermoso máis mucho, e sin brillo.

    Farrapento e descalzo, n’ as pedras
    os pobres peiños,
    que as xiadas d’ o inverno lañaron,
    apousa indeciso;
    pois pares que ll’ os cortan coitelos
    d’ aceirados fios.

    Coma can sen palleiro nin dôno,
    que todos desprezan,
    n’ un corruncho s’ esconde tembrando
    d’ a dura escaleira.
    E cal lirio se dobra ô secárese,
    o inocente a dourada cabeza
    tamén dobra, esbaesido c’ as pedras.

    E mentras qu’ él dorme, 
    trist’ imaxen d’ a dôr y a miseria,
    van e ven <<¡a adoraren o Altísimo!>>   
    Fariseyos, os grandes d’ a terra,
    sin que ô ver d’ o inocente a orfandade
    se calme d’ os ricos
    a sede avarienta.
    O meu peito c’ angustia s’ oprime.
    ¡Señor! ¡Díos d’ o ceo!
    ¿Por qué hay almas tan negras e duras?
    ¿Por qué hay orfos n’ a terra, Díos boeno?”

    Mais n’ en vano sellado está ò libro
    d’ os grandes misterios...
    Pasa a groria, ò poder y á alegría...
    Todo pasa n’ á terra. ¡Esperemos!” 

Reveladoras reflexións de Rosalía nun tempo de crises morais, sociais e económicas. A este poema temos que engadir o titulado: “A xustiza pol-a man”. Rosalía foi fiel a seu tempo; critica as irracionalidades do seu tempo, esta foi unha característica que a asistiu, dándolle á poesía o acervo necesario para combater os malos usos que proclaman miseria e inxustiza.
"Rosalía foi fiel a seu tempo; critica as irracionalidades do seu tempo, esta foi unha característica que a asistiu, dándolle á poesía o acervo necesario para combater os malos usos que proclaman miseria e inxustiza".

A cuestión galega presente na obra de Rosalía ten varias dimensións, cada unha delas sustentada por frecuentes dramas colectivos. Como é a emigración, produto da opresión centralista e de dunha política colonial potenciada polo Estado español que mantivo a Galiza na indiferenza e no silencio, amagando problemas existenciais.
 
En “Follas Novas”, Rosalía insiste no drama da emigración, comezando pelo prólogo, onde di: “A emigrazón e o Rei arrebátanlles de contino o amante, o irmán, o seu home, sostén da familia de cote numerosa; e así, abandonadas, chorando o seu desamparo, pasan a amarga vida antre as incertidumbres da esperanza, a negrura da soidade i as angustias de unha perene miseria”. Estas son as viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos. 

No prefacio de “Follas Novas” Rosalía fixo unha declaración de principios en favor das mulleres galegas. Hai poucos textos na literatura galega da época que teña unha contundencia tan determinante como a adoptada por ela. Isto evidencia un avance significativo na toma de conciencia sobre o panorama feminino galego. Neste aspecto, Rosalía foi unha lectora, alén da literatura española, de autoras estranxeiras que manifestaron fondas preocupacións pola falta de integración e emancipación da muller, como as alemáns Bettina von Arnim e Dorothea Schlegel ou as francesas Mme. de Staël e George Sand.
"Rosalía apuntou, con extraordinaria lucidez e claridade, cara problemas concretos e puntuais da Galiza que lle tocou vivir en resistencia".

Rosalía apuntou, con extraordinaria lucidez e claridade, cara problemas concretos e puntuais da Galiza que lle tocou vivir en resistencia. Tanto na súa prosa como na poética é fácil adiviñar a procura que ela tivo polo ser galego. Polo ser e o estar emerxente.

Rosalía expresou sentimentos moi fondos por todo o que conflúe nos atributos identitarios, como é a lingua, a cultura, a psicoloxía, a xeografía e, incluso a paisaxe. Entre Rosalía e a paisaxe galega existe unha interrelación tan profunda que moitas veces non entendemos a nosa paisaxe sen Rosalía e, do mesmo modo, non percibimos a metafísica da poeta sen a paisaxe. Na súa lírica hai un marco tan intimista e emocional, sobre a paisaxe galega, que transmite un sentimento e unha reflexión que nos leva a outras dimensións evocativas e emancipadoras.

 

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía