Apoloxía da obediencia - 05 Marzo 2015

Nas democracias occidentais había un rumor de dictadura camuflada en varios resortes e estamentos do poder; unha miudanza de tufo despótico que se foi agrandando nas administracións públicas e cohabitando nunha sociedade que noutrora foi domesticada por un totalitarismo de subordinación, que se perpetuou en ditos estamentos dunha maneira que falsificou a realidade social e política, instaurando un sistema de comportamentos nocivos que aos poucos son asumíbeis por unha sociedade que perde os seus valores colectivos, de cuxos rexistros rezouma a obediencia debida, articulada nun pensamento único que extorsiona as liberdades individuais, converténdonos en seres domesticados e esquizoides.

Nas democracias occidentais había un rumor de dictadura camuflada en varios resortes e estamentos do poder; unha miudanza de tufo despótico que se foi agrandando nas administracións públicas e cohabitando nunha sociedade que noutrora foi domesticada por un totalitarismo de subordinación, que se perpetuou en ditos estamentos dunha maneira que falsificou a realidade social e política, instaurando un sistema de comportamentos nocivos que aos poucos son asumíbeis por unha sociedade que perde os seus valores colectivos, de cuxos rexistros rezouma a obediencia debida, articulada nun pensamento único que extorsiona as liberdades individuais, converténdonos en seres domesticados e esquizoides.

"O secuestro da imaxinación creativa e da liberdade de expresión popular evidencian un síntoma paralizante de calquera manifestación que proceda dun sentimento creativo que non estea en concordancia cos poderes políticos e financeiros"

Estamos nun espacio mediocre, de dependencia soterrada, onde a apoloxía da obediencia dá amargos froitos que se mastigan sen revulsivos. Estamos nunha sociedade na que se caricaturiza todo aquilo que vén dun pensamento aberto e liberalizador, fronte ao silencio da verdade e a promoción da mentira. 

O secuestro da imaxinación creativa e da liberdade de expresión popular evidencian un síntoma paralizante de calquera manifestación que proceda dun sentimento creativo que non estea en concordancia cos poderes políticos e financeiros, dado que estes exercen unha ortodoxia coercitiva e disimulada, típica das dictaduras disfrazadas de demócratas. Neste sentido, estamos nun estadio de domesticación de aplacar os conflictos de clase e minimizar a opinión da sociedade civil por medio dunha comunicación intervida e dosificada de tópicos e tabús, cuxo proceder é silenciar e manipular a verdade e a imaxinación do escritor ou xornalista. Por tanto, cada vez mais, vemos nos medios de comunicación espurias lealdades de voceiros que profanan a verdade por medio de subxectividades que eluden e desfiguran o verdadeiro problema existencial que soporta a sociedade mais desprotexida.

A apoloxía da obediencia, convertida en doutrina totalitaria, vén sendo aceptada dunha maneira incuestionábel e exenta dunha crítica emerxente por parte de intelectuais e medios de comunicación que deixaron de ser libres e soberanos. O absentismo dunha literatura xenuinamente política que marque época, procedente de escritores liberados de temores, odios e medos cada vez mais son minoría. Minoría útil que tantas veces se converten en puntuais protagonistas da liberdade e da  denuncia. Pero neste mundo da desinformación atopamos a  xornalistas e escribidores que proclaman a súa incontinencia verbal por enriba de frases prefabricadas e inconsistentes.

"A apoloxía da obediencia, convertida en doutrina totalitaria, vén sendo aceptada dunha maneira incuestionábel e exenta dunha crítica emerxente por parte de intelectuais e medios de comunicación que deixaron de ser libres e soberanos"

Os banqueiros e os políticos asimilados por eles nunca entenderon de humanidade. Neste contexto, os sistemas políticos “democráticos” neoliberais están ausentes do home común e normalizado nas carencias impostas por severos burócratas que estrangulan a opinión pública e tantas iniciativas cidadáns que emerxen da ilimitada sabedoría social. Mais agora, o home común foi esculcado, domesticado e recluído en prexuízos e tabús que veñen a ser as súas propias cadeas.

A experiencia do home común e de seus coñecementos sobre a vida pública e cooperativa en tomar decisións foron eliminadas e entraron nunha vía antagónica e de incompatibilidades, transgredindo os hábitos sociais que tiñan unha correspondencia coa vida plena, onde o home común tiña protagonismo grazas á súa experiencia e capacidade organizativa.

O totalitarismo político e financieiro puxo límites excluíntes na vida pública, con tódolos aparellos propagandísticos, persuadindo con prexuízos e confusións ao home comunal até conseguir a autocomplacencia dun ser asimilado. A obediencia do castrado e submiso ten importancia nos cálculos e cifras das clases opresoras, en cada unha das esferas sociais e políticas baixo seu dominio despótico. A apoloxía da obediencia tomou un carácter agresivo e nada flexíbel coa dignidade das persoas.