A Cataluña intervida e ameazada - 25 Xuño 2015
logo nosjpg

As constantes ameazas e usurpacións que Cataluña soportou, tiñan un fin: desmantelar a súa identidade. Desde Filipe II até hoxe houbo inxerencias directas co fin de colonizar a fala, as costumes e anular as súas constitucións, polas que se rexían os cataláns.

As constantes ameazas e usurpacións que Cataluña soportou, tiñan un fin: desmantelar a súa identidade. Desde Filipe II até hoxe houbo inxerencias directas co fin de colonizar a fala, as costumes e anular as súas constitucións, polas que se rexían os cataláns. Nesta dirección, desde aquela contundente e crúa ameza do vicerrei, Francisco Fernández de la Cueva, duque de Albuquerque (1616-1619) ameazou aos cataláns nunha carta a Filipe III: “Acabaré de poner en las galeras a todo el Principado [Cataluña], para que V. Magd. se sirve de no maravillarse quando supiese que he atropellado por algunos de ellos, que pueden estorbar la buena administración de la justicia real”.

Esta misiva de Albuquerque ao rei manifesta unha das primeiras ameazas verbais nas que se apreciaban  contundentes apreciacións intervencionistas, na que se baseou a represión contra os defensores da identidade catalá. Neste sentido, tratamos de compor unha mínima antoloxía de textos sobre o confronto cara Cataluña, desde a agresora correspondencia do dito vicerrei até a actualidade.

"As constantes ameazas e usurpacións que Cataluña soportou, tiñan un fin: desmantelar a súa identidade. Desde Filipe II até hoxe houbo inxerencias directas co fin de colonizar a fala, as costumes e anular as súas constitucións, polas que se rexían os cataláns". 

Nesta antolóxica, vibran as palabras do nacionalismo españolista do Conde-Duque de Olivares, verdadeiro artífice de actuacións ditatoriais conta as diversas expresións  diferenciais exentas dos ditados de Castela. A súa famosa consigna colonialista: Multa regna, sed una lex, representou para Cataluña agrandar o conflito, ficando claro que os diversos reinos serían sometidos baixo unha lei absoluta. Ademais, ampliaba esa asimilación, noutra carta que dirixiu a Filipe IV, o 25 de decembro de 1624, na que di: “Tenga VM por negocio más importante de su Monarquía, el hacerse Rey de España; quiero decir, Señor, que no se contente VM en ser Rey de Portugal, de Aragón, de Valencia, Conde de Barcelona, sino que trabaje y piense con consejo mudado y secreto, por reducir estos reinos de que se compone España, al estilo y leyes de Castilla sin ninguna diferencia, que si VM lo alcanza, Será el Príncipe más poderoso del mundo”.

Nesta dirección imperialista, a castelanización dos diversos reinos da península estaba en marcha, formando parte da imposición e da estratexia do valido Conde-Duque que, en Cataluña, terá unha oposición frontal e, mais tarde, unha acción bélica contra as pretensións de sometemento, por parte de Castela, que se disfrazou de España. O propio Olivares pregoou: “Hay que reducir Cataluña a los usos y costumbres Castellanas”.

Estas pretensión toman un corpus nitidamente intelectual, desde a propia corte de Castela, por parte do secretario de Filipe IV, o escritor, Francisco de Quevedo, que continuou os pasos do Conde-Duque, manifestou en 1640: “En tanto en Cataluña quedase un solo catalán y piedras en los campos desiertos, hemos de tener enemigos y guerra”. 1640 é o ano da guerra de secesión por parte de Cataluña e Portugal fronte o colonialismo unitarista de Castela. Os portugueses puideron zafarse, os cataláns non.

E xa liquidada a guerra de sucesión coa invasión e aniquilamento de Cataluña e das súas institucións o 11 de setembro de 1714, polas tropas do primeiro Borbón, Filipe V, como rei da “España unitaria”, que vence aos cataláns no cerco de Barcelona e impón a chamada “Nueva Planta”, na que o rei liquida as leis e as costumes dos cataláns e, no seu dicir, ordena en 1715: “Que en las escuelas no se permitan libros en catalán, escribir ni hablar en ella dentro de las escuelas y que la doctrina cristiana sea y se aprenda en castellano”.

Do silencio imposto polo filipismo, xurde unha potente corrente de emancipación nacional durante o século XVIII, que toma corpo como opción nacionalista no século XIX, consolidando varios frontes, un deles é a acción dos intelectuais, que contraataca ao españolismo e patriotismo de certos intelectuais españois, que non deixaron de escribir consignas e tratados contra as aspiración de Cataluña, de Euskal Herría e Galiza. A crítica mais puntual contra Cataluña viña de Miguel de Unamuno, o intelectual controvertido e defensor a ultranza do castelán, manifestaba en 1901: “Si el Estado no impusiera el castellano en todo España, los dialectos se impondrían al castellano”. En 1905, Unamuno volve á cargar contra as identidades diferenciais e contra os nacionalismos, deste xeito: “En el fondo del catalanismo, de lo que en mi país vasco se llama bizkaitarrismo, y del regionalismo gallego, no hay sino anticastellanismo, una profunda aversión al espírito castellano y a sus manifestaciones. Esta es la verdad y es menester decirla. Por lo demás, la aversión es, dígase lo que se quiera, mutua”.

Mais o dilema que Unamuno apuntou, sobre as linguas, que el chama “dialectos”, sen recoñecer as atípicas castracións que afloraron en non poucas problemáticas de fondo que el non abordou. O ilustre reitor foi un continuador de vetustos e recalcitrantes discursos de antano, que nos leva ao nacionalismo español de confrontación que Olivares proclamou e practicou. Ese discurso foi resucitado pola extrema dereita e, tamén, por republicanos moderados e dirixentes de esquerda. En 1931, Ramiro Ledesma Ramos, recolle a antiga paranoia: “Si una mayoría de catalanes se empeña en perturbar la ruta hispánica, habrá que planearse la posibilidad de convertir esa tierra en colonia y trasladar allí los ejércitos del norte de África. Todo menos lo contrario”.

Nesta época, a extrema dereita continuou a conspirar. Nunha carta de José Antonio Primo de Rivera que envía ao xeneral Franco, datada o 24 de setembro de 1934, escribe: “Así, pues, en Cataluña la revolución no tendría que adueñarse del poder: lo tiene ya. Y piensa usarlo, en primer término, para proclamar la independencia de Cataluña”. O 14 de marzo de 1936, José Antonio insiste: “O vence la concepción materialista rusa de la existencia, que, sobre someter a los españoles al yugo feroz de un ejército rojo y de una implacable policía, disgregará a España en repúblicas locales –Cataluña, Vasconia, Galicia- mediatizadas por Rusia”.

"Cataluña baixo sospeita dun centralismo despótico, casposo e nada ilustrado; dunha visión bunkeriana que provoca desconfianzas e xera  incomprensión e lexitima insidias. Cataluña é un feito a realizarse e agrandarse. Euskadi e Galiza, tamén". 

Mais estas desproporcionadas visións extremistas teñen eco en republicanos como Manuel Azaña, que sinalou o seguinte comentario sobre Cataluña, en 1937: “Una persona de mi conocimiento asegura que es una ley de la historia de España, la necesidad de bombardear Barcelona cada cincuenta años. El sistema de Felipe V era injusto y duro, pero sólido y cómodo. Ha valido para dos siglos. Yo no he sido nunca lo que llaman españolista o patriotero. Pero ante estas cosas me indigno. Y si esas gentes van a descuartizar España, prefiero a Franco”.

O dirixente do PSOE, Juan Negrín, en 1938 é contundente contra os dereitos de cataluña, ao sinalar: “No estoy haciendo una guerra contra Franco para que nos retoñe en Barcelona un nacionalismo estúpido y pueblerino”.

Nos corenta anos de ditadura franquista hai unha morea de discursos contra Cataluña e os chamados nacionalismos periféricos. Só estra mostra, que nos ven do xeneral e gobernador civil de Barcelona (1951 a 1960), o famoso e gran represor da Barcelona antifranquista, Filipe Acedo Colunga, que nos esclarec: “¿Ustedes creen que hemos hecho la guerra para que el catalán vuelva a ser de uso público?”

Outra das mostras anticatalá e belicista, é a que Manuel Fraga Iribarne que pronunciou en 1961, un ano antes de ser nomeado ministro de Información e Turismo: “Cataluña fue ocupada por Felipe V, fue bombardeada por el General Espartero y la ocupamos en 1939 y estamos dispuestos a volverla a ocupar tantas veces como sea necesario y para ello estoy dispuesto a coger de nuevo el fusil”.

Pero xa en democracia o parámetro de estratexias contra Cataluña non deixan de articularse e agrandarse, segundo a interpretación do expresidente do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo, que deu en 1983: “Hay que fomentar la emigración de gentes de habla castellana a Cataluña y Baleares, para así asegurar el mantenimiento del sentimiento español”. Non está mal esa táctica colonialista, mais xa viña a destempo, dado que Franco xa a utilizou coa reposición industrial de Cataluña na década de 1950 e coa entrada de centos de miles de emigrantes de todo o Estado.

E dando continuidade aos agravios contra Cataluña, Filipe González emite en 1984: “El terrorismo en el País Vasco es una cuestión de orden público, pero el verdadero peligro es el hecho diferencial catalán”.

Cataluña baixo sospeita dun centralismo despótico, casposo e nada ilustrado; dunha visión bunkeriana que provoca desconfianzas e xera  incomprensión e lexitima insidias. Cataluña é un feito a realizarse e agrandarse. Euskadi e Galiza, tamén.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras