logoGrupoCorreoJosé Corredor-Matheos Martes 25.10.2005
ECOS DA BERENGUELA - GaliciaHoxe.com

Xosé Lois García

Coñecín a Pepe Corredor-Matheos en Vic hai mais de vinte anos na inauguración dunha exposición do portugués Júlio Resende, que encabezaba o presidente de Portugal, Mario Soares, e con recital de Eugénio de Andrade.

Foi Resende quen nos presentou e aquela noite ceamos xuntos, desde aquelas os vencellos de amizade perduran. Pepe Corredor é un dos intelectuais máis interesantes que abordan a realidade artística e as diversas modalidades que frecuenta en variadas temáticas e disciplinas no universo das artes e das letras. É un manchego natural de Alcázar de San Juan, onde naceu en 1929. Licenciado en Dereito, que non exerce esta disciplina, e residente en Barcelona desde 1942.

Estamos a falar dun dos maiores críticos de arte do Estado español, coñecido e destacado en todo o mundo por ser unha referencia puntual, polo seu discurso como pola súa descuberta artística. Todo un universo artístico ten, sen dúbida, unha débeda con Pepe Corredor, dado que el é un dos dinamizadores máis representativos das diversas modalidades artísticas.

Corredor-Matheos é, tamén, un excelente poeta que o vén amosando desde os moitos anos que hai que escribe poesía e algúns deles con imperativo silencio. Digamos que o seu don virado cara á crítica artística o ten postergado cara ó don lírico. E como poeta ten un perfil moi claro dentro do contexto da xeración dos cincuenta e dentro do mosaico dos poetas barceloneses en lingua castelá.

Pepe Corredor acaba de gañar o Premio Nacional de Poesía 2005, un premio merecido por tantos anos de constante traballo e cristalización dese fluír expresivo no que a crítica máis rigorosa lle reservou un lugar preferente para as súas clarividencias. Un premio que celebramos os amigos e amantes da boa poesía e que recae nun autor moi marcado por tantos combates e tantas conquistas en favor do que se crea para non perecer. Máis que premio, coido que é un recoñecemento á súa longa proxección estilística, na que concorren moitos anos de reflexión e de silencio. Así é como vemos o seu libro: El don de la ignorancia, protagonista do premio. Un título suxestivo que nos catapulta cara á esa revelación de tantos amenceres radiantes que dan luz ás catro partes deste libro. Este título de Corredor lévanos a outro de semellante estirpe como é Douta ignorancia, do filósofo e místico do século XV Nicolau de Cusa. Desde logo, entre Cusa e Corredor hai moitas distancias e horizontes perdidos; esteticamente non se impoñen referencias pero si, talvez unha mesma preocupación humanística. Corredor-Matheos é un lúcido humanista, tanto polo seu discurso como polo comportamento máis íntegro e persoal.

Por isto, El don de la ignorancia é un libro que acada esa altura cósmica partindo da superficie máis baixa por onde transcorre o seu autor. Todas esas transparencias lúdicas, alimentadas de silencios e esas transcendidas palabras que instauran plenitudes e harmonías nun espazo, un tanto confuso, polo que pasa a poesía nestes momentos. Neste libro premiado aparecen poemas tan contundentes e de extrema revelación como estes versos: "Qué angustia, en la cumbre/ de la desolación./ Y qué desolación,/ tan lejos de la cumbre". Este poema acláranos moito sobre os recursos e as itinerancias dun poeta que rompe, constantemente, as barreiras que o poderían limitar.

Este poemario de José Corredor-Matheos está asistido por un tempero xusto e invulnerábel que se percibe en poemas tan harmonizadores como este: "No hai nada que me impida/ oír la voz del árbol/ cuando sueña,/ las plegarias que brotan/ de sus hojas./ Ya no me queda nada/ por perder,/ pero soy tan feliz/ que soy feliz tan solo,/ y los ramos floridos/ de la infancia/ se encienden como lámparas/ cuando acaba la noche". Versos de insistencia para

De rebeldías, Soños e irmandades
De rebeldías, Soños e irmandades

Libro Coloquio-Homenaxe
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofoniax200
Polas diversas xeografías da Lusofonía