logoGrupoCorreoParou o corazón de Fíama - 02-02-2007

Xosé Lois García

O día 23 de xaneiro, cando acaba de chegar da cidadede a São Paulo,os meus amigos brasileiros déronme a triste noticia do pasamento da poeta portuguesa, Fíama Hasse Pais Brandão (Lisboa, 15 de agosto de 1938-19 de xaneiro de 2007).

Unha morte anunciada pola grave enfermidade que padecía desde hacía bastantes anos. Mais a morte sempre sorprende en seu apelo ao enmudecer a unha das máximas personalidades das letras lusas máis coñecida da xeración poética dos sesenta. Foi unha muller de sorpresa natural, que naturalmente sorprendía.

Eu tiven esta sensación naquel agosto de 1982 cando proxectaba a Antología de la poesía portuguesa del siglo XX, publicada no ano 1983 en Hora de Poesía. Ela citoume na Biblioteca Nacional de Lisboa e encontreime cunha muller belísima, de encantos sen par e toda ela resplandecente, luminosa.

Citoume pola tarde na súa casa, nun ático desde o que se visualizaban unhas vellas e sacras oliveiras que bebían máis sol que auga. Naquela tarde citou a outra grande da poesía portuguesa e da súa xeración, como foi Luiza Neto Jorge. Longas horas falamos os tres de variados temas. Lembro moi ben a conversa sobre a poesía de Sefarad do autor catalán Salvador Espriu, do Call de Barcelona e da xudería de Girona, habitada por o grande pensador xudeu, Isaac el Cec.

A súa xenética hebrea tiraba forte por ela a procurar historias dos da súa orixe. Este primeiro encontro consolidou unha vella amizade e, como non, fun un asiduo lector dunha obra enteira e cabal que Fíama nos deixou en poesía, teatro e prosa. O Texto de João Zorro un dos seus monumentos poéticos, xuntamente con Novas vições do passado, Cantos do Canto, Três Rostos, Homenagenmáliteratura e Área Branca fornecen a súa poesía.

En 1994 estivo en Barcelona nun recital, xa moi convalecida pola súa doenza, mais aínda tivo enerxía para pasear uns treitos polas Ramblas e vir a miña casa en compañía do poeta Fernando Guimarães e da súa muller a tradutora Lurdes Guimarães e outros poetas.

Fíama, naquela ocasión, falaba coa delicadeza de sempre e con dificultades sonoras. Mais a súa voz non quebrou en súa resistencia de poeta activa e solidaria

Venres, 02-02-2007

De rebeldías, Soños e irmandades
De rebeldías, Soños e irmandades

Libro Coloquio-Homenaxe
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofoniax200
Polas diversas xeografías da Lusofonía