logo opinionReynaldo Valinho Álvarez 4.12.07

XOSÉ LOIS GARCÍA

Nunha desas noites quentes cariocas, no ilustre barrio do Flamengo, rente ao océano Atlántico, un olla a ática e pétrea escultura natural do Pão de Açucar, mudo e perpetuo vixiante de Rio de Janeiro. Desde unha enorme terraza propiedade do escritor e editor, Cláudio Aguiar, flúen conversas co escritor Reynaldo Valinho Álvarez, coa poeta Astrid Cabral e co escritor e científico, Melquíades Pinto Paiva e o propio Aguiar. Xorden conversas moi dispares e atenciosas. Mentres os avións barullan sobrevoando a baía do Flamengo, o profesor e académico Reynaldo Valinho Álvarez (Rio de Janeiro, 1931) faime entrega dalgún dos seus libros e chámame a atención un especial, que na capa se reproducen os hórreos de Combarro, rente ao noso mar tenebrorum, titulado: Das rías ao mar océano (2000). Encóntrome coa gran novidade: que estou ante un enorme galego de alma perseverante e enorme, que as súas raíces máis profundas emerxen da naturalidade do pobo galego. Porque el mantén e difunde as súas esencias. Reynaldo e fillo de galego de Salvaterra do Miño e de mai da Beira Baixa (Portugal).

Reynaldo Valinho Álvarez mantén vivo o orixinario celme da matria galega que lle transmitiu o seu proxenitor. Súa alma saudosa non deixa de revelar as nobres presenzas da Galiza que lembra. Reynaldo é fillo da diáspora, desas outras galizas dispersadas polo mundo, en que moitos orixinarios se perden nas súas frecuentes convulsións. E mesmo se perden. Así é pois que no seu poemario: Das rías ao mar océano, resplandece esa Galiza na que amosamos tantos dons, moitas das veces desprezados polos propios galegos. Un fillo de galego -galego, tamén, e bo patricio e xeneroso poeta de emotivas coitas- dá testemuño desa orfandade que nos deixa polas súas orixes, cando di: "Das rias ao mar oceano,/ tanto medo e tanto engano./ Os sonhos que se sonharam, quantos deles naufragaram?// Mil e uma travessias/ são tragadas pelos días./ As noites roem lembranças/ no porão das esperanças".

Todo un temario lírico para ilustrarnos até que punto é capaz esa saudade que olla sen ollar cos propios ollos. A alma ten ollos de dimensións tan profundas que traspasan as tebras do esquecemento. Facendo un percurso por este libro poético equivale a escalar outra dimensión dixerida e suxestiva que Reynaldo non confunde daquela Galiza histórica e ancestral e aí están poemas no que Pedro Madruga leva no seu cabalgar ironías do pasado; a emigración connotada en ilusións e frustracións. Fica neste seu libro a Galiza das plenitudes, das confirmacións e da autoreafirmación e estima, que se esclarece nestes versos: "Andando em Ponteareas sobre o Tea,/ passo a ponte medieva e sigo adiante,/ vou além do Porriño e chego a Vigo/ para plantar-me no alto de La Guía/ e olhar a ria baixa que penetra/ por entre o verde escuro dos pinheiros/ e segue terra a dentro como as naus/ que oscilavam no mar das romarias,/ ao tempo de Meendiño e de Codax, transportando, entre coitas, os amigos/ das doncelas transidas e trazidas/ pelo medo das ondas, ansiosas,/ tendo a garra da espera nas gargantas/ roucas de amor, angustia e solião". Non cabe máis falar do seu amor pola súa e nosa Galiza inmorredoira.

Sobre este poemario, dixo o crítico Leodegário A. de Acevedo Filho: "A diáspora ou dispersão do pobo galego por motivos históricos, incorporando-se a Galiza no territorio espanhol, não impediu que a lingua galega sobrevivesse e, con ela, todas as tradições culturais do pobo que a fala. Reynaldo Valinho Álvarez, poeta brasileiro de fundas raízes galegas, pois filho de emigrantes, (...) manifesta nítida herança do imaginário de um pobo, cuja língua, o galego-português, é a propia matriz histórica da lingua de Camões, ele próprio de origem galega".

De rebeldías, Soños e irmandades
De rebeldías, Soños e irmandades

Libro Coloquio-Homenaxe
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofoniax200
Polas diversas xeografías da Lusofonía