logo opinionCen anos de Machado de Assis 29.09.2008

XOSÉ LOIS GARCÍA

Monumento a Machado de Assis na sede da Academia Brasileira
Monumento a Machado de Assis na sede da Academia Brasileira

O Brasil de fai hoxe mesmo cen anos sorprendíase polo falecemento do irrepetíbel escritor, Joaquim Maria Machado de Assis (1839-1908). Río de Xaneiro, a súa cidade natal, convertíase no epicentro da dolorosa noticia. O escritor maior do Brasil e, tamén, de toda a lusofonía deixaba de existir e o mundo literario era máis pobre e impotente. Todo porque Machado de Assis tocou todos os acordes literarios. Todos eses xéneros que exhibe a súa obra pormenorizan un enorme camiño feito a medida dun país que ten connotacións de continente, onde moitas cousas se dispersan. Sen a súa obra literaria, de grande alcance e dimensión, non estariamos falando dun creador nacional e extraordinariamente universal. Se tivésemos que trazar un esquema temporal e pormenorizado da súa vida e da súa obra desde 1839 a 1908, estariamos procurando símiles ou transcendencias polas que pasou Machado de Assis nos acontecementos máis emotivos que se procesaron no Brasil. Estamos seguros de que en 1850, cando só contaba con 11 anos, non se lle esqueceu o xúbilo dunha enorme parte da cidadanía do Brasil, pola prohibición do tráfico de africanos. Un novo espacio de comunicación, de comprensión e de debate comezaba nun Brasil onde as contradiccións connotaban desigualdades e persistía o debate entre conservadores e liberais, monárquicos e republicanos. Un pais en certos puntos imperfecto que deixaba de lado o negocio negreiro. O infante Machado de Assis foi coñecedor dese dato histórico que o levou a escribir en moitos dos seus contos e romances os sentimentos que callaron nos brasileiros.
O seu oficio de escritor quizais tivo a súa aprendizaxe cando comezou a traballar como tipógrafo aos seus dezasete anos (1856). Foi este o oficio ideal polo que se sustentou a súa nova xeira de escritor. Todos sabemos o que ten representado para moitas persoas que estiveron como tipógrafos e fixeron realce da súa vida no campo político, literario e xornalístico. Así aconteceu co noso escritor. Catro anos despois (1860) traballou como redactor do Diario de Rio de Janeiro". Vemos como foi consolidando as súas benquerencias coas letras, nunha das décadas máis delicadas e emerxentes do Brasil. 1864 marca dúas xeiras importantes nos aconteceres do seu país e na vida de Machado de Assis. Brasil iniciou nese ano a guerra con Paraguai e o escritor publicou o seu primeiro libro de poesía. Crisálidas. E por cuestión talvez de salario pasou a traballar como funcionario publico, outra profesión ven desigual á que se tiña iniciado pero fundamental para coñecer as entrañas da administración da que foi crítico puntual na súa creación literaria. Pecha o ciclo da década dos sesenta (1869) casando con Carolina Xavier de Novais que procedía dunha familia de intelectuais e sería o prodixio imprescindíbel no diálogo e compañía de Machado de Assis.

O impacto que sentiu a capital do país, Río de Xaneiro, en 1871 coa chamada "Lei do Ventre Livre" pola cal o presidente do gabinete gobernamental, Visconde de Rio Branco, os nacidos de negros non estarían, teoricamente, suxeitos á escravitude. Posiblemente diante do Pazo Imperial de Río de Xaneiro, o día que se asinou esa lei onde se congregou a multitude, este feito non deixou indiferente a Machado de Assis que transbordou elementos de cariz político nos seus escritos.

A década dos setenta parece que lle achegou certo sosego a Machados de Assis, mais non escatimou esforzos para publicar unha das súas grandes obras como é a novela: "Memórias póstumas de Brás Cubas" (1879), convertida nun dos grandes monumentos da literatura brasileira. Rapidamente transcende a publicación: Papais avulsos (1882) e xa entrado na década dos oitenta, Machado de Assis xa é notablemente coñecido e está sobriamente consolidado como o gran mecenas da literatura brasileira. Estamos falando dunha época que en 1888 trae a abolición total da escravitude no Brasil e en 1889 proclámase a República. Estes eventos, representan na visión de Machado de Assis retrospectivar feitos e circunstancias que están avaliados na súa obra.

Quincas Borba (1891) é outra das obras que abre década e espazo na madurez dun Machado de Assis sobrio, rigoroso e total. Os recoñecementos á súa valía literaria non teñen un carácter pasivo, o esforzo e o desafío de cando comezou como tipógrafo, escalando varios e seguros parámetros da vida literaria dun Brasil convulso, víronse gratificados desde varias frontes. En 1897, promove con outros escritores e intelectuais a creación da Academia Brasileira de Letras, na que foi elixido o seu primeiro presidente.

Machado de Assis remata o século XIX publicando a novela: Dom Casmurro (1899), que serviu como unha das pezas de referencia coas que se artillou a modernidade da prosa brasileira e que serviu de ponte entre dúas centurias. Enceta o século XX coa recompensa de ver reeditadas varias das súas obras así como a poesía completa. 1904 é un ano no que viu ampliada a súa obra pola publicación de: Esaú e Jacó e por ser nomeado membro correspondente da Academia de Ciências de Lisboa. Mais tamén é o ano de aflicción pola morte da súa dona, Carolina. A partir deste desenlace, a vida de Machado de Assis reséntese, mais aínda ten azos para publicar outra das máis selectas e lidas obras do escritor carioca, como é, Relíquias de casa velha (1906). A súa última obra: Memorial de Aires publícaa no ano da súa morte, 1908.

Din as crónicas que referencian o seu óbito, que as campás de Río de Xaneiro repicaban o día 29 de setembro de 1908 e toda a cidade celebraba a festividade do arcanxo San Miguel. Poucas horas despois dobraban en son fúnebre e o son das campás enchía de loito a cidade e os seus ecos resoaban no barrio de Botafogo e na baía de Guanabara. Había razóns poderosas para cambiar a alegría dun día de santoral, e transformalo subitamente nun día de tristeza que embargou a Río de Xaneiro e moi pronto a todo o Brasil. Joaquim Machado de Assis, xace no cemiterio de São João Batista de Río de Xaneiro, nun grande mausoleo do panteón oficial da Academia Brasileira das Letras.

En homenaxe ao escritor intemporal e nas súas obras atopamos a grandeza e a persistencia dun grande creador que a nós, os galegos, nos incumbe aproximarnos e confirmarnos como lectores da súa creación literaria, cuxa lingua nos é común. Por iso transcribimos algúns dos espazos literarios para conmemorar a presenza e a vixencia da súa obra que expresan a alta creatividade do home que hoxe fai cen anos que nos deixou fisicamente.

A língua (fragmento)

Entre os muitos méritos dos nossos livros nem sempre figura o da pureza da linguagem. Não é raro ver intercalados em bom estilo os solecismos da linguagem comum, defeito grave, a que se junta o da excessiva influência da língua francesa. Êste ponto é objeto de divergência entre os nossos escritores. Divergência digo, porque, se alguns caem naqueles defeitos por ignorância ou preguiça, outros há que os adotam por principio, ou antes por uma exageração de princípio.

Não há dúvida que as línguas se aumentam e alteram com o tempo e as necesidades dos usos e costumes. Querer que a nossa pare no século de quinhentos, é um êrro igual ao de afirmar que a sua transplantação para a América não lhe inseriu riquezas novas. A êste respeito a influência do povo é decisiva. Há, portanto, certos modos de dizer, locições novas, que de força entram no domínio do estilo e ganham direito de cidade.

Mas se isto é um fato incontestável, e se é verdadeiro o pricípio que dêle se deduz, não me parece aceitável a opinião que admite tôdas as alterações da linguagem, ainda aquelas que destróem as leis da sintaxe e a essencial pureza do idioma. A influência popular tem um limite; e o escritor não está obrigado a receber e dar curso a tudo o que o abuso, o capricho e a moda inventam e fazem correr. Pelo contrário, êle exerce tambem uma grande parte de influência a êste respeito, depurando a linguaxe do povo e aperfeiçoando-lhe a razão.

(Crítica)

Uma reflexão imoral

OCORRE-ME uma reflexão imoral, que é ao mesmo tempo uma correção de estilo. Cuido haver dito, no capítulo XIV, que Marcela morria de amôres pelo Xavier. Não morria, vivia. Viver não é a mesma cousa que morrer; assim o afirmam todos os joalheiros dêsse mundo, gente muito vista na gramática. Bons joalheiros, que seria do amor se não fôssem os vosos dixes e fiados? Um têrço ou um quinto do universal comércio dos corações. Esta é a rereflexão imoral que eu pretendia fazer, a qual é ainda mais obscura do que imoral, porque não se entende bem o que eu quero dizer. O que eu quero dizer é que a mais bela testa do mundo nao fica menos bela, se a cinguir um diadema de pedras finas; nem menos bela, nem menos amada. Marcela, por exemplo, que era bem bonita, Marcela amou-me.



(Capítulo XVI de Memórias Póstumas de Brás Cubas).

Musa consolatrix

QUE A MÃO do tempo e o hálito dos homens

Murchem a flor das iluções da vida,

Musa consoladora,

É no teu seio amigo e sossegado

Que o poeta respira o suave sono.



Não há contigo,

Nem dor aguda, nem sombrios ermos;

Da tua voz os namorados cantos

Enchem, povoam tudo

De íntima paz, de vida e de confôrto.



Ante esta voz que as dores adormece,

E muda o agudo espinho em flor cheirosa,

Que vales tu, desilusão dos homes?

Tu que podes, ó tempo?

A alma triste do poeta sobrenada

À enchente das angústias,

E, afrontando o rugido da tormenta,

Passa cantando, alcíone divina.

Musa consoladora,

Quando da minha fronte de mancebo

A última ilução cair, bem como

Fôlha amarela e sêca

Que ao chão atira a viração do outono,

Ah! no tei seio amigo

Acolhe-me, -e haverá minha alma aflita,

Em vez de algumas iluções que teve,

A paz, o último bem, último e puro!



(Capítulo XVI de Memórias Póstumas de Brás Cubas).

VI



Na hora em que escrevo estas lihas, preparo-me para ir ver um sapatinho de cetim, -o sapatinho que dona Lucinda nos trouxe da Europa e que o Furtado Coelho vai mostrar ao público fluminense.

Não vi ainda o sapato e já o olho um primor. Vejam o que é parcialidade! Juro a todos os deuses que o sapatinho foi roubado à mais bela das sultanas do padixá, ou tal vez à mais ideal huris do profeta. Imagino-o todo de arminho, cosido com cabelos da aurora, forrado com um pedacinho de céu... Que querem? Eu creio, que há de ser asim, porque é impossível que o Furtado nos trouxesse um mau sapato.

Mas que o trouxesse! Eu consentia nisso, e no mais que fôsse de seu gôsto, mediante a condição de que não havia deixar-nos outra vez. Entendamo-nos; êle pertence-nos. Viu muita coisa. Tive muito aplauso, muita festa; mas a aurora das suas glórias rutilou neste céu fluminense, onde, se não rutilou tambem a do talento de sua espôsa, já recebeu muitos dos seus melhores raios juvenis.

Que fiquem; é o desejo de todos e meu.

(15 de agôsto de 1876).



(Capítulo XVI de Memórias Póstumas de Brás Cubas).

De rebeldías, Soños e irmandades
De rebeldías, Soños e irmandades

Libro Coloquio-Homenaxe
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofoniax200
Polas diversas xeografías da Lusofonía