Animalario
Os animais vístense de verso nestes poemas dirixidos aos nosos lectores máis novos.Trátase dunha viaxe cara a un dos lugares que máis debemos coidar e respectar: a Natureza.Un canto que convida a que todos os seres vivos camiñemos da man durante a nosa existencia.Sen dúbida, este"Animalario"infantil ha espertar sentimentos que, ás veces, semellan adormecidos e precisan da literatura para aflorar.

itulo: Animalario
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 2012
Editorial: EVEREST

o furtador de auga"O furtador de auga"non ten nome, simboliza o progreso ao servizo da cobiza e da destrución do equilibrio natural, co único fin dun enriquecemento persoal sen escrúpulos.Cando xa todo parece perdido, a natureza alíase coas xeracións máis novas para lograr recuperar o benestar, algo que adoita habitar na felicidade que nace das cousas máis sinxelas.



Titulo: O furtador de auga
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 2013
Editorial: EVEREST

a mulemba que falaKilumba e a súa nai cóntannos a historia de Luanda a través do diálogo entre unha folla verde e outra seca de mulemba que lles dá sombra.

Unha obra que mestura a inxenuidade coa crítica social nunha fermosa metáfora de loita pola vida que nos fai reflexionar sobre a impotancia da Natureza, da liberdade e do respecto da dignidade humana.

 

Titulo: A mulemba que fala
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 2006
Edita: Editorial Evergráfica, s.l.