AQUARIUM

 IV

Cando rubes pacienzudamente
polas escalinatas das platerías
toda a música das mañás:
a dos merlos do claustro
e a  dos estorniños do Obradoiro,
é pra tí.
Engaiolas a David cos xeitos do teu corpo;
a súa cítola xa non se cubrirá de musgo
endexamáis;
David xa non é pedra,
é carne madurecida.
Chégate a él docemente,
despoxada dos teus vestidos;
cinguirás a súa coroa
e elevarate ao pedestal das parexas núas
como sacra ofrenda
da inocencia de Eros
aos deuses ceibes e matutinos.
_______________

VIII

Cando volte ao suburbio,
falareiche da illa de Sicilia
e do corpo de Giovanna;
da sombra das oliveiras
e da danza dos delfís.
Contareiche das costumes e placeres
de Giovanna.
Sílaba a sílaba, describirei
as dobreces dos seus dedos.
o segrado dos seus beizos
e o volume das súas apertas.

______________
Titulo: AQUARIUM
Autor: Xosé Lois García
Data de edición: 1982
Edita: EDICIÓS DO CASTRO