A figueira lingoreteira, poesía infantil
QUE BEN SUBE A DONICELA
Xa chegou a Compostela
súpetamente a donicela
e cunha camisa de seda
sube de pedra en pedra
a tanguer a Berenguela.
______________
UN CÁNTICO DE PAZ
Que cooriños leva na faz
o xílgaro entre a follaxe
canta con moita coraxe
un himno de ledicia e paz.
Que ben tocan no violín
o xílgaro e máis o pimpín.
O xílgaro non é montaraz
fai no bosque unha romaxe
non quere no mundo aldraxe
só fai cánticos pola paz.
Que ben tocan no violín
o xílgaro e máis o pimpín.
______________
Titulo: A FIGUEIRA LINGORETEIRA
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 1997
Edita: EDICIOS DO CASTRO