poemas pornofalico 40Poemas Pornofálicos (2005)

poemas pornofalico 200Para seus oráculos
conquistou
a pociña de Venus,
só para socorrerse
e deleitarse
de frenético desespero.
O pubes, en circular,
protexe das sombras
recíproco delirio
en coito reservado.
No ardor da terra
confírmanse apetencias,
todo por equilibrar
e protexer do desafío
o esperma en seu pingazo.

_____
Transbordados
e presentidos,
a forza fálica
os fai aéreos
e matinais.
Saliva laica
para chuparse
e concretarse.
Tanta natura
os despoxa;
tanta tenrura
os glorifica.
A cona respira
e ofréndase
aos latexos.
O falo perfora
o que interroga,
tan perfecto
e tan destro.

_________
Titulo: Poemas Pornofálicos
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 2005
Edita: Pangeia Editores (Lisboa)