no imo do tempo x40No imo do tempo (2007)

no imo do tempo x200

 

 

 

 

 

 

Caí em cheio dentro dos olhos de Carice Lispetor
MANUEL BANDEIRA

ANESTESIA
Ou enigma
na silente curva dos ollos?

Sorriso cauteloso
en furtiva música pendular…

ClarIce Lispector
na marxe do paraíso,
luz suntuosa
saíndo das tebras
para a mármore e o laúde.

No arboredo imaxinario
pálpebras en transparencias.

COORES e liñas
fragmentando
delimitando
o tacto furtivo
de lúcidos peixes
sen nudez nin veludo,
gamela de neve
concentrándose dentro…

Acordes no verde das alfadas
nácara esvarando, ondulando
no azul-marino das bagoas.
--------------------------

4
Ponse unha nova filosofía en movemento
para estragar o fatalismo da nosa vida,
desprendéndonos do antigo pensamento
da caduca idade e estirpe esmorecida.

Agora comezamos a sentir na nosa enerxía
as esencias dun home novo, ennobrecido;
onde aquela forza bruta que nos movía
vai tirando cara un fatal exterminio.

Imponse nova luz astral que resplandece
para que as nosas cousas sexan inmemoriais
neste mundo que se troca e podrece.

Aspiramos, agora e sempre, a ser iguais
nesta filosofía que en nós florece,
loitando contra seres destructivos e fatais.
------------------------

5
Diversas ordes, diferentes vías
chegan con este tempo esperado
e do que resta dos nosos días
renóvase todo o que fica parado.

Abril, con potente voz rectora
resplandece altiva e renovada
sen lindes nunca excelsa hora
cando chega con outra albada.

Luz e paz para o presentimento
de cousas enormes e inacabadas
que nos trocarán de pensamento.

As ninfas misteriosas e amadas
avanzan sosegando novo acento
nas rosas verdes e inesperadas.
------------------------
NO PASAMENTO DE
EUGÉNIO DE ANDRADE
(13 DE XUÑO DE 2005)

Na nudez do silencio
chamareite co picaportes
dese pórtico adormecido
na rúa Duque da Palmela, 111.

Xa es ave diúrna
e voas rente aos xeranios…

O crepúsculo sen faca
a ninguén confunde
no gume que respiramos.

Teus beizos súbitos
non deparan o destino
das augas lentas,
tal vez hieráticas
e frescas en cada marxe
das que temos que bebe.

A palabra,
na illa do corvo fica
fermentándose
en seu oficio,
onde medran os mastros.

 

Titulo: No imo do tempo
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 2007
Edita: Editorial Toxosoutos

Tfno. 981 823 855