poesia anonima africana x40POESÍA ANÓMINA AFRICANA (2008)

poesia anonima africana x200O ANONIMATO DA POESÍAARDENTE DE ÁFRICANAS TRANSCENDENCIAS DE ROGELIO MARTÍNEZ FURÉ
Ese ardentío de fogueira singular, que brota da poesía en lapas, e que nos descubre o cubano Rogelio Martínez Furé ven a incidir na inmorredoira poesía anónima africana, vivo proxecto dunha civilización milenaria, tan singular como arcaica, que nos ilustra puntualmente de diversos pormenores da vida intensa e inmensa de África, en súas estimulantes transcendencias culturais, transmitidas milenariamente de xeración a xeración por vía oral. Martínez Furé procurou e reuniu en dous volumes diversas expresión temáticas que perfilan un dos maiores monumentos da poesía mais antiga e mais procurada de África. Todo un temarioconf igurado desde a emoción creadora de individuos e colectivos que foron capaces detransmitir todo ese universo africano conmemorado en tantas seduccións e retrospectivas que nos ofrecen os diversos microcosmos ancestrais de África ate conf igurar o destinguido e singular macrocosmos de todas as ancestralidades de África que pulan coa agarimosa carga do pasado.
Nesta descuberta poética, moito lle debemos a Furé, ese mestizo iorubá-hispano, que retraeu a ollada desde Cuba procurando as súas raíces africanas para revelarnos todo un universo máxico, conf irmando que África existe alén de miopías interesadas e desprezos que o colonizador impuxo sistematicamente con diversos métodos de dispersión e castración.
Roguelio Mar tínez Furé (Matanzas, 937), aquel estudiante de Dereito que se consagrou á investigación étnica e folclórica de tódalas manifestación africanas con presencia en Cuba. Profesor, ensaísta, e compositor, traductor e animador é un dos fundadores do Conjunto Folklórico Nacional de Cuba. Nun daqueles enormes patios de ensaio do Ballet Nacional de Cuba encontreime con Furé (dado que con moitos anos de anterioridade xa eu coñecía a súa obra) e falamos e tantos impactos africanos, observa dos e mastigados, que el foi dando á luz en extensos libros de investigación e divulgación, como son: Poesía yoruba (1963), Poesía anónima africana (1968), Diálogos imaginarios (1979), Diwan Africano (poetas de expresión francesa, 1988), Diwan (poetas de lenguas africanas, 1996) Diwan africano(poetas de expresión portuguesa, 2000) e Briznas de la Memoria. En toda esta obra está presente a África insólita e inaudita, revelada en diversos parámetros que dimensionan a procura e a tarefa tan persoal queFuré foi descubrindo sobre a enigmática e ignorada África.
Esa África total e parcelada en respectivas variedades de cultura, de linguas e de expresións artísticas xurdidas dese carozo común, tan sólido e universal, fecundador de tantas expresións que dan pulo e fulgor do que se creou e cultiva da cultura africana. Neste contexto, a poesía anónima africana, que nos retrae e nos envolve, revélase desde moi diversas magnitudes e retrospectivas creadoras. Toda unha ampla proxeccións de sabenzas que nos entronizan nun coñecemento sen par.
Este carozo africano mantén unidos todos eses grans, sírvanos esta imaxe para distinguir todo ese compendio de culturas e expresións que se manteñen dentro dun patrón orixinal, no que se particulariza a heteroxeneidade de culturas africanas. Aquelas expresións que se connotan na milenaria cultura exipcia que irradiou nos tres continentes da conca mediterránea e que aínda serve de referencia aos diversos eidos das letras e das artes: iconas intemporais polas que sempre temos que transitar para transcender. Esta éa África total e parcelada en diversas culturas e expresións como a exipcia, a árabe e a negra. En todas elas non hai confusión posíbel dado que a súa orixinalidade faixe visíbel en súas distincións.
Cando entramos na tradicional e ancestral poesía anónima africana, temos que recorrer a ese carozo orixinal que se expresa en seus diversos grans e graos de cultura.Mais tampouco estamos colocando ao lector nunha idea desa África diversificada e dadora de dons concentrados na xénese da súa orixinalidade.
A poesía ancestral africana, anónima en súas esencias mais puras, xurdida e mantida por un colectivo social cuxas necesidades e precariedades salientaron elevar seu berro espido e cadencioso fomentando unha serie de parámetros que axilizaron respostas a tantas vicisitudes e def iciencias existenciais. Pode que aquí distíngase a alma da poesía oral e de todas as cosmogonías que nela se concentran. A poesía no universo negro africano é un dos atractivos elementais en que se confirma o individuo como un ser comunal, que fóra do colectivo fica considerablemente desconfigurado. Así é que o núcleo social dunha aldea, en súas relacións internas e externas, revelouse con plena contundencia na funcionalidade do colectivo operante e revelador da súa propia idiosincrasia, a marxe da xerarquización operada neste núcleo.Neste contexto, dimensiónanse expresións de cualif icado interese para conseguir e revelar as súas propios emocións e darlle sentido a unha vida que en seu cotián e loita emerxeu das experiencias que o propio colectivo asumiu e desenvolveu. Así é como a poesía anónima africana é un relato constan- te e perenne de moitas das experiencias vividas e, moitas delas, son elevadas a un rango de continuas referencias. Por iso é que a poesía forma parte de todas esas expresións dun ritual colectivo.
Neste sentido, Rogelio Martínez Furé aporta unha variedade de temarios que, todos eles, foron elevados a un alto rango de respostas e que o propio colectivo, ou tribo, soubo clasif icar seus dons e súas desventuras en propostas moi concretas. Non se pode negar o rango de sacralización que a poesía anónima africana ten nese entorno hermético mais o mesmo tempo dinámico. Esa poesía que naceu dunha expe- riencia individual e que o colectivo aplicou para dar sentido unánime a súas vivencias.

Naquelas inmensas rodas dunha singular fogueira nocturna, xurdían os cánticos para conmemorar unha experiencia vivida ou conmemorar unha historia épica. Ao redor desas flamas de fogueira o misterio ancestral conmemorábase nesas historias conta- das polos mais vellos e que os adolescentes retiñan para ser transmisores dese enormelegado do costumario africano. Digamos que neste caso o sentimento de grupo predominou ate hoxe e é así como a poesía anónima constata toda esa interrelación entre o humano e o cósmico.
Do que levamos dito ate agora pode dar a sensación que estamos dando mais preponderancia ao poeta anónimo, dentro do grupo, e subestimando ao individuo como creador da poesía nominal, non suplantado polo anonimato. En todo caso o poeta nomi- nal convertese nun creador cuxos dons pertencen soamente ao colectivo. O poema que crea o individuo ao pasar de boca en boca, a oralidade fai que perda ese concepto individualizado.
Nese sentimento polo colectivo flúe toda esa longa e fonda oralidade africana. Todo ese herdo de valores ancestrais dos cales bebe e vive o ser africano facéndose transmisor daquelas modalidades antigas que están sempre en continuo movemento coa literatura oral ás costas. Por iso é que esta poesía non deixa de ser memoria e transcendencia das actividades sociais das persoas e dunha serie de sentimentos transbordados a unha linguaxe aberta e diáfana que fai deles algo máxico e proverbial.
O poeta e primeiro presidente de Angola, Agostinho Neto, dixo con profundo acerto e f ibilidade: “A nossa poesia tradicional não vive por si, como um dado de existência própria, mas apenas quando as palabras são essenciais à música, e a música e as palabras à dança. É uma poesia com f ins sociais, ligada intimamente aos fenómenos da vida; ligada à dança e à música, à morte e à vida. Aos cataclismos e às alegrias da existencia. A poesia serve para cantar o nascimento de um filho ou a morte de um ser querido; serve para troçar ou para louvar, para demostrar amor ou odio”.
Agostinho Neto lévanos a outro campo substancial e de plena unión coa poesía,como son a música e a danza. O ngoma (tambor) en seus iniciáticos sons proclama a voz poética; acompaña a poesía en recitais individuais e colectivos. A poesía sacralizada no berro do tambor. Persistentes batucadas anuncian o caracter do poema. O ngoma emite transcendencias contidas no poema, todo un acto de sacralización. Os tambores son sagrados en toda África, así o manifes- tan os cerimoniais que se fan ao redor da árbore que se lle vai extraer madeira e da pel do antílope que son as dúas materias primas para a confección do tambor.
As batucadas estenden clamor e mensaxes a longas distancias, desde ese centro onde o griot (poeta) fala para os seus. Todos entenden a linguaxe do tambor. Unha seductora linguaxe que os leva a retraerse e concentrarse no pasado. O tambor convoca e consolida a acción espiritual e material da ancestralidade.Os corpos vibran e despregan as súas accións en constantes movementos de ancas e os pes descalzos sobre terra quente e madura.
Os corpos en danza misteriosa. A danza tamén expresa e exterioriza as sensacións da alma sobresaltada no celme da poesía. Poesía, música e danza son o elenco que confirma a esta África colectiva, dadora de tódolos dons que se g ratif ican nos sons que acompañan á palabra poética.
Por tanto, amor, morte, deuses, forzas ocultas, animais, home, guerra, e varias tendencias da poesía iorubá son o florilexio que nos ofrece Rogelio Martínez Furé, desa África tradicional e colectiva, da que tantas sabenzas temos que reverenciar, por ser tantas veces creadora de universos culturais e de formas de entender e modular seu propio espacio temporal. Así é como o poema colectivo e anónimo, a música e a danza ofrécennos un camiño de dádivas para transitar con estes versos, agora en galego, que revelan a riqueza creadora dunha África profunda e misteriosa.
Xosé Lois García
Quelimane (Mozambique),18 de outubro de 2007

Titulo: Poesía anómina africana (2008)
Autor: Rogelio Martínez Furé
Edición, tradución e notas de Xosé Lois García
Edita: Toxosoutos, S.L.