A Asociación Cultural brasileira Caballeros de Santiago celebrará na cidade de Salvador de Baía, durante os días 23, 25, 26 e o 27 de xullo, as Festividades de Santiago Apóstolo cunha conferencia do poeta galego Xosé Lois García.

Será na xornada inaugural, o día 23, na que o escritor ofreza a conferencia "Santiago de Compostela: tradición e identidade dunha nación".

Ese mesmo día, pero ás 21.00 horas, abrirase unha exposición fotográfica dedicada ao Camiño de Santiago. Ademais, o mesmo 25 de xullo, intervirá o embaixador de España en Brasil, Ricardo Peidró Conde, co relatorio que leva por título "As relacións hispano brasileiras".

Esta asociación cultural foi fundada en 1960 por un grupo de emigrantes galegos. Na actualidade quere impulsar o diálogo e o intercambio entre Brasil e España, polo que, entre outras actividades, organizan cursos de castelán e de galego.

Image