O Concello de Chantada fixo pública a súa felicitación ao escritor e historiador Xosé Lois García, gañador do Pedrón de Honra 2008. Tal como sóubose este fin de semana, o chantadino Xosé Lois García foi elixido para este galardón pola fundación Pedrón de Ouro polo seu traballo de divulgación da cultura galega en Cataluña, onde vive desde 1966. En nome do Concello, o tenente de alcalde, Alfonso Piñeiro, mostrou a súa alegría «pola concesión a un chantadino dun recoñecemento tan importante».

LA VOZ DE GALICIA

Presentación libro, Casino de Chantada, venres 7 de agosto 2020, 20,30 h.
cancioneiro da nosa senora de pesqueira