O conselleiro de Cultura presentou a reedición do libro «Simboloxía do románico de Pantón», do chantadino Xosé Lois García (2014)
EnComún 1

xlg encomun

O SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE PANTÓN ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO DE XOSÉ LOIS GARCÍA. O ACTO CONTOU COA PRESENCIA DO CONSELLEIRO DE CULTURA, JESÚS VÁZQUEZ ABAD; O ALCALDE DE PANTÓN, JOSÉ LUIS ÁLVAREZ; A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN LUGO, RAQUEL ARIAS; A PROFESORA E INVESTIGADORA FLORA ENRÍQUEZ; E O AUTOR. EC

O 21 de marzo, o chantadino Xosé Lois García presentou a reedición da súa obra «Simboloxía do románico de Pantón», un dos seus traballos máis profundos sobre a riqueza patrimonial da Ribeira Sacra. O acto celebrouse no Salón de Actos do Concello de Pantón coa presencia do conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad, quen destacou a calidade e o valor deste estudo, “xa que a salvagarda do patrimonio cultural dun país, a súa supervivencia material e significativa e a súa transmisión ás xeracións futuras, comeza pola educación e a concienciación no presente”. O conselleiro suliñou que este obra mostra as igrexas e mosteiros da zona como “o reflexo feito pedra do espírito e a moral do tempo no que foron construídas, ó entrelazar diferentes símbolos que transmiten unha riquísima e heteroxénea narración do que era a vida no Medievo”. Vázquez Abad agradeceu “o especial agarimo e compromiso que demostrou Xosé Lois co patrimonio cultural de Galicia é, dun xeito especial, co noso legado románico”.•
presentacion simboloxia romanico panton xoseloisgarcia2
NUMEROSO PÚBLICO ASISTIU Á PRESENTACIÓN DO LIBRO DE XOSÉ LOIS GARCÍA NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE PANTÓN. EC

Presentación libro, Casino de Chantada, venres 7 de agosto 2020, 20,30 h.
cancioneiro da nosa senora de pesqueira