A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García

palabra liberdade na poesia de xose lois garcia 210x315


Descripción:
A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García pretende ofrecer unha nova achega á lectura da obra dun dos poetas más creativos da poesía galega actual. Andityas Soares de Moura analiza o corpus poético de Xosé Lois García tendo en conta o panorama da literatura galega das últimas décadas e conectándoo tamén con outras tradicións culturais, tales como a portuguesa e a africana. Os temas centrais da poesía de Xosé Lois son tratados en capítulos específicos nos que o autor elabora reflexións xerais mediante as que amosa a profunda vinculación do poeta galego cos modelos universais da cultura ocidental. Adoptando unha escrita interdisciplinar e aberta, traspasa as fronteiras entre poesía, filosofía e ensaio literario e constrúe un discurso crítico capaz de inserir a poesía de Xosé Lois García nun espazo de constante diálogo co lector.

Autor: Soares de Moura, Andityas
Nº páxinas: 240
Editorial: Toxosoutos.