Simboloxía do románico de Pantón

romanico de panton 1999

Percorrer, nunha curta distancia, seis igrexas románicas como as do Concello de Pantón, máis que interesante, parece máxico. Todas elas ocupando sobranceiros espacios de ribeira e de terra alta, mesmo onde comeza a Riboira Sagrata, que lles serviu de morada a cenobitas, ás toquinegradas de Cluny e ás freiras do Císter. Todo unha trama de rigor artístico e simbólico que paga a pena pescudar en silencio. De certo, a pedra fálanos e descóbrenos secuencias da vida espiritual e material. Capiteis, modillóns e outros elementos pétreos transmítenno-la súa mensaxe. Estamos pois ante seis ricos exemplares do románico, que nos introducen de cheo no relato vivo dun contexto histórico medieval que se perpetúa na pedra, como memoria da espiritualidade, vida e ordenación do microcosmos por parte dos nosos devanceiros.

Titulo: SIMBOLOXÍA DO ROMÁNICO DE PANTÓN
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 1999
Edita: EDITORIAL COMPOSTELA, S.A.