A desigualdade social ante os sismos 15.03.2011
ECOS DA BERENGUELA -xornal 

XOSÉ LOIS GARCÍA
A elocuencia sísmica, na súa auréola destrutiva, fomenta ese pavor e desconcerto, polo seu poder agresivo, no que o ser humano se sente impotente ante a dimensión que toma este tipo de catástrofes. O tsunami producido no Xapón, tan efectivo na destrución dun país que se asenta sobre unha das placas tectónicas mais activas, e cunha tecnoloxía prodixiosa para evadirse de numerosos movementos litosféricos e de súas destrucións que no Xapón son frecuentes así como na costa andina.

Esta catástrofe sucedeu no terceiro país mais rico e industrializado do mundo, cun sistema de prevención moi sofisticada ante estas realidades devastadoras. Este sismo pon a proba a un pais en plena recesión económica e en perigo á súa cidadanía polo alto risco das súas centrais nucleares, afectadas por este destrutivo tremor. Con todas estas dificultades estamos falando dun país rico que sae vitorioso destas catástrofes sísmicas, por manter un sistema de prevención e autosuficiente para encararse a todas esas dificultades creadas non precisa de axudas para normalizarse en poucos meses. En anteriores terremotos, mais moderados que este, o seu poder económico lles facilitou un restauro moi rápido. E niso radica o orgullo nacional nipón, ao proclamarse autosuficiente para saír rapidamente deste tipo de desolacións. Este orgullo xaponés tamén é exhibido pola primeira potencia dos USA. Lembremos o terremoto dos Ánxeles na era Reagan, como este presidente negouse a recibir todo tipo de axuda, alegando a seu poder económico.

Mais os efectos que deixan estas catástrofes en diversos países lévannos a visualizar e comparar a traxedia do Xapón coa do terremoto de Haití. Así son os antecedentes do terceiro país máis rico do mundo e o país mais pobre do mundo. As distancias entre Xapón e Haití son enormes; a dimensión de de- sigualdade acapara a atención ante un pobo que ten todos os resortes de mobilización para normalizar a súa vida. Mais o pobo haitiano que sufriu a devastación total nunha situación de miseria colectiva que tivo que soportar infeccións mortíferas que, despois dun ano do terremoto, aínda están soportando e con iso a multiplicación doutras precariedades ante as evasivas e a hipocrisía dun mundo rico que deixa a Haití sumido no caos por falta de axuda humanitaria. A traxedia de Haití é desconsoladora, ao contemplar como os imperios e os imperiosos magnates viran as costas ante tanta destrución. Mais a segunda destrución, quizais a mais lesiva, é a que procede da desigualdade, ao ignorar un país na situación sangrante en que se atopa Haití.

No caso do país caribeño, aínda aparecen voces -como a dese predicador evanxelista- que confirman que o terremoto de Haití é un castigo de Deus. Outra vez a predica das maledicencias, de facer culpábel aos tiranizados pola desigualdade. Os sismos de 1614 e 1673 que foron devastadores na illa de Santo Domingo, na que se sitúan Haití e a República Dominicana, os predicadores católicos culpaban aos negros da catástrofe, por súas "perversidades lascivas" e por manterse en prácticas de santería e alleos á prédica católica.

En 1643 Lisboa sufriu un terremoto que provocou unha prédica desesperada do clero culpando do desastre a xudaizantes e clases baixas, que o Padre António Vieira, replicou a esas orneadas do clero, chamándolles ignorantes e proclamando as leis supremas da natureza. O mesmo aconteceu con ese clero de Lisboa no famoso tsunami de 1755. Nesta ocasión, os adeptos do Marqués de Pombal e anticlericais contraatacaron dicindo que o comportamento do clero e da inquisición levaron a Deus a castigar Lisboa. Un terremoto que levou a Voltaire a argumentar, nun longo poema, as leis físicas que impón a natureza e a descartar castigos celestiais.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras