As carencias de autoestima - 11/06/2012
ECOS DA BERENGUELA - xornal

Xosé Lois García
O orgullo é a autoestima de calquera sociedade civil amosan esa calidade e definición de algo compacto que se verifica na conciencia nacional e que a eximen desa tortura de degradación e decadencia que moitas sociedades perpetúanse nesa cultura perniciosa de infravaloración de si mesmo.

Galiza manifesta as súas frustracións e anomalías, como sociedade colonizada, na creación de cualificativos que manifestan desorde denigrante, en certos aspectos e conceptos, que o colonizador ou quen o representa fomentan estas alteracións e anomalías. O tema é moi antigo e complexo, incluso certos intelectuais de finais do século XIX e tamén do XX, accederon a unha serie de análise e incurriron en restrictivas opinións sobre un estado de cousas que non dosificaban autoestima.

A dinámica dunha sociedade en proceso de superación de tódolos seus tópicos, tabús e escurantismos ten que desbotar todo indicio de culpabilidade e derrotismo que acentúa pesimismo e perderse en elucubracións e continuos lamentos de supervivencia. Os recursos existenciais son outros ben distintos que deben determinar e influír na conquista dun novo contexto de percepción comunitaria, onde se retome o nosa identidade nacional para avanzar e potenciar a nosa realidade, por enriba de consabidas obsesións mentireiras que proclaman o declive desde estamentos sectarios que fomenta o nacionalismo españolista. Aí é onde ten que influír a autoestima para superar carencias e síndromes que se tipifican na sociedade galega intervida e colonizada.

Así foi como o complexo de inferioridade creou un modelo de sociedade repregada en si mesma, que admitiu mensaxes perniciosas que a foron desgastando e, aínda, a interfire con modelos foráneos, producindo cambios moi graves para a nosa sociedade como é a renuncia ao idioma. No idioma radica toda a nosa incontinencia de ser galegos, se nos falta esta idiosincrasia pouco seremos en esencia a non ser o nome. Por iso é que o nacionalismo non deixa de ser unha autodefensa de todo o noso que se desvirtúa polo intervencionismo doutro idioma e doutra cultura que non tivo na nosa nación referencias orixinarias senón alegatos intervencionistas.

Estamos acostumados a escoitar certa retórica e cuestionar o noso talento creativo, capaz de impor ese pulo de autenticidade galega e devalando ese ímpeto que nos caracterizou cando Galiza chegou a extremos ben difíciles e remontar graves situacións. Agora mesmo estamos ante unha crise de valores, non só económica, que repercute mais á pérdida de identidade, con laios e queixumes, con desorientacións que propagan os que desgobernan.

Moitas das persoas que admiten un deterioro e que profesan esas benquerencias coa identidade de Galiza, caen na trampa de propagar a falta de pulo e, sobre todo, de profesar autoestima e pragmatismo por enriba de situacións anómalas e de agresións que estimulan desorde.

Nesta cuestión, fálase moito da transcendencia positiva de Cataluña e moitos galegos que son conscientes da nosa situación precaria tratan de medir e pesar Galiza co baremo que se impuxo Cataluña. Ademais das diferencias entre unha e outra nacionalidade, os cataláns nunca respiraron esa apatía, xa desde a primeira revolución comercial do século XIV, pasando por múltiples encrucilladas colonialistas. Aos cataláns os salvou esa autoestima que manteñen como facho luminoso e, tamén, a valoración desas pequenas cousas que conforman nación. Coido, neste caso, que a autoestima marca distancias entre o que é unha Cataluña normalizada e unha Galiza desmotivada que se culpabiliza así mesma sen pretensións de superar erros e de potenciar autoestima colectiva fronte ao colonizador.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras