Nesta comunidade de víctimas - 31/07/2012
ECOS DA BERENGUELA - xornal

Xosé Lois García
Xurden tantas preguntas sobre os problemas da sociedade en que vivimos, moi difíciles de expor e menos de resolver para a maioría da sociedade que sufre graves problemas existencias producidos, maioritariamente, por desconxunturas económicas que agravan problemas existenciais. Nesta ídea tan simple, connótase esa amplísima comunidade de víctimas degradadas por un sistema que agoniza lentamente mais que se mantén poderosamente opresor por vías represivas, de corto e longo alcance, e de alternancias “democráticas” que avalan o acicate do poder capitalista en súas variadas tramas mediáticas.

No contexto social e económico actual, continúan predominando as dictaduras disfrazadas de mil maneiras e sutilezas. Mais cada vez a confusión é menor nas masas populares, que son as que soportan o oprobio da desigualdade e da marxinación. A loita de clases volve á conciencia das persoas que sufren a devastadora opulencia dos monopolios opresores. O mundo actual xa non é interpretado desde unha visión clásica do proletariado como motor de cambios. Hoxe toma vixencia a famosa frase de Marx: “O mundo non hai que interpretalo, hai que cambialo”. E isto, mais que un lema retórico, convértese nun código de rebelión que marca os tempos e os espacios que a nosa ampla comunidade de víctimas está trazando para demoler murallas e bastillas opresoras.

Esa rebelión de masas que tanto pavor lle tiña Ortega y Gasett, connota varias orientacións que están en marcha por medio de certeiros movementos de persoas específicas e marxinadas polos poderes capitalistas, cunha capacidade intelectual suficiente para dar alternativas e suplantar un sistema opresor. O 15 M é un deles, o mais próximo a regular unhas estructuras sociais de cambio a tódolos niveis.

Non se pode negar esa rebelión en marcha que comeza a dar os primeiros froitos nas protestas e nunha maior concienciación sobre o que está acontecendo no mundo e, en particular, no Estado español coas agresivas fórmulas que o goberno do PP xa ten definido e mostrado en favor de quen goberna e cales son as víctimas de seu desgoberno. E nesta situación, a maioría da sociedade está optando por unha rebelión silenciosa contra a mentira e contra a opresión. Unha rebelión que vai coller cada vez mais corpo, en función de como se aceleren os acontecementos provocados polos decretos que contra as clases mais humildes está acelerando o desgoberno de Rajoy.

Sobre este escenario, no libro: “O home rebelde”, de Albert Camus, anúnciase: “A rebelión non nace soamente, e forzosamente, no oprimido, senón que pode nacer tamén ante o espectáculo da opresión do que outro é víctima”. Prosigue Camus: “Na rebelión o home supera a seus semellantes, e, desde este punto de vista, a solidariedade humana é metafísica. Simplemente, non se trata polo momento senón de esa especie de solidariedade que nace das cadeas”.

Estamos ante unha metafísica da redención que manifesta seus primeiros albores; dunha nova e inalterábel fase de romper as cadeas opresores e dar respiros ás emerxencias dunha desobediencia civil que cada vez se proclama e se articula non con superadas filosofías senón cunha activa metafísica xurdida do movemento popular sen as liturxias de tempos pasados.

E nesa metafísica da rebeldía, Albert Camus conclúe: “A liberdade de feito non ten prosperado proporcionalmente á conciencia que o home adquiriu dela. Desta observación non se pode deducir senón isto: a rebelión é o acto do home informado que posúe a conciencia de seus dereitos”.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras