O patrimonio románico de Pesqueiras - 13/08/2012
ECOS DA BERENGUELA -xornal

Xosé Lois García
Este pasado domingo día 12, a Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada, programou todo un continxente de actos reivindicativos para salvar do illamento e marxinación ao monumento románico de Santa María de Pesqueiras, en Chantada. Un mosteiro bieito de freiras que o foron enriquecendo con exquisita ornamentación no románico pleno. E que tivo voz propia na sobriedade e rigor que ostenta, e súas pedras saben gritar no reclamo de auxilio en seu abandono. Unha chamada certa a onde peregrinaron cantidade de persoas vindas de varias xeografía de Galiza. Oíron a mensaxe das pedras e dos frescos pictóricos; concertada coa música de Mini e Mero, e do Trícole de Sober e do gaiteiro Raúl Galego. Tamén a voz poética resoou nesa acústica pétrea na que nada se desperdicia. Tamén a teatralidade conseguiu seu clamor e o aplauso dese público que concorreu e encheu o templo de plenitudes e, tamén, de aspiracións para que ese espazo monumental e natural teña un respiro nos arranxos de súa normalización, que pasa por accesos viábeis, sinalización e luz eléctrica. Tres elementos básicos para que este monumento saia de seu illamento.

O clamor deixouse sentir en varias ocasións, mesmo cando se descubriu unha réplica da imaxe da desaparecida Virxe de Pesqueiras, obra da escultora Ana Sastre, que moitos dos presentes coidaron que a anterior tiña aparecido. A misa concelebrada cos cregos Alfonso Blanco Torrado á fronte, Xesús Mato e Xosé González Hermida. Un xerador propiciou dar a luz necesaria para iluminar nave e presbiterio e, sobre todo, as pinturas renacentistas que promoven varios escenarios bíblicos.

A presencia do director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o alcalde de Chantada, ocasión en que os membros da dita Asociación manifestaron as peticións reivindicativas programadas. Un acto que durou preto de tres horas e no que se escoitaron varias intervencións de reivindicación e protesta, fai que as autoridades con competencia no tema deben estar atentos e dar resposta a un clamor que se está agrandando, por medio dunha toma de conciencia que eximirá que Patrimonio non continúe mudo nen persevere en silencio administrativo.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras