A elocuencia dunhas eleccións anticipadas - 04/09/2012
ECOS DA BERENGUELA -xornal

Xosé Lois García

O Sr. Núñez Feijóo proclama a súa aventura de fracasos dunha política sen proxectos que a realidade insostíbel de Galiza así o manifesta desde 2009. A soidade foi a súa propia compañeira de viaxe en tódalas frecuencias e actuacións políticas. Feijóo foi o presidente dun directorio que recibía ordes estrictas do PP de Madrid. E agora as recibe dunha maneira sen paliativos desde Moncloa. As eleccións anticipadas para o próximo 21 de outubro son bastante elocuentes nas tácticas do PP, de non perder un dos bastións mais dixeríbeis dun electorado domesticado como é o clientelismo que ten en Galiza. Mais a realidade tamén fala elocuentemente de tantas fórmulas de brincar cunha sociedade asfixiada por tantos derrotismos e a perdida de credibilidade ante un proxecto do PP que nunca existiu.

Anticipar as eleccións constata que os parámetros en que se move o partido de Rajoy, en seus sondeos electorais, non lles dan maioría absoluta en Galiza como pretenden os señores do directorio. Mais a táctica está servida, se adiantan os recortes que están presentes no entrampado de rebaixas e a pérdida de garantías sociais, neste segundo tramo da perversa magnitude que recolle a política de recortes de Rajoy, o feudo electoral galego que preserva o PP en Galiza está perdido. Aínda así, co adianto electoral, emerxe unha conciencia de tal magnitude que o PP pasa por un dos maiores oasis de súas correrías demagóxicas operadas en Galiza.

A frustración da sociedade galega é ben visíbel no que respecta a decepción ante falsas promesas e dunha actuación vertixinosa de liquidar por decreto conquistas que costaron suor e sangue por parte da clase traballadora. E non só desta clase, senón que a clase media comercial e industrial está pechando ou sendo absorbida polo monopolio empresarial. Esta situación convulsa de transgresións permanentes, fomenta o descontento dos que soportan este fraude político.

A gobernabilidade do Sr. Feijóo, durante estes tres anos e tal de permanencia no poder da Xunta de Galicia, non hai que observala desde o triunfalismo que varios medios baixo a súa influencia teñen emitido constantes bombardeos propagandísticos alterando a realidade. E preciso que as hemerotecas nos asistan para ver e contrastar os desfases e as contradiccións que se teñen dado durante este período. Observar a gran mentira baseada en promesas superficiais, cando os resultados non deixan de ser un fraude para a sociedade galega no seu conxunto.

Un adianto electoral por sorpresa, pero non inesperado. Dado que os galegos percibimos rotundamente as manobras do Sr. Feijóo en rebaixar deputados no Parlamento Galego, co fin de acadar maioría absoluta. Unha tentativa frustrada pola opinión pública, que agora desemboca no adianto electoral. Un adianto do que se espera moita confusión demagóxica e insulto aos seus adversarios ideolóxicos, por parte do PP.

Desde o mesmo día que o presidente da Xunta de Galiza anunciou o día das eleccións, o reloxo xa está marcando os tempos e os espazos en que toda a confraría pepeira debe controlar o ritmo electoral dunha maneira obsesiva para garantir un triunfo que nestes momentos o ten perdido. Así o di o baremo de opinión e o nerviosismo do PP.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras