A Diada nacional de Cataluña - 11/09/2012
ECOS DA BERENGUELA -xornal

Xosé Lois García

Hoxe é o día Nacional de Cataluña. O 11 de setembro é o símbolo da cívica dignidade dun pobo con profundas aspiracións redencionais. Así se cifra o entusiasmo popular que se tributa en homenaxe aos defensores de Barcelona e a tódolos “defensors de la terra”, como se solemniza no himno catalán. Cataluña non celebra unha derrota, a do 11 de setembro de 1714, senón o significado histórico desta celebración amplíase noutros contextos, onde a memoria desa cicatriz aberta continúa marcando os tempos e, con certeza, non os pechara en falso, nin esquecerá aos invasores e aos que estableceron a totalitaria Nova Planta. Ese decreto colonizador que o primeiro Borbón, Filipe V, estableceu en Cataluña ferreamente. Tendo como seu directo artífice a José Patiño, de orixe galega.

Faltan dous anos para esa celebración tan especial e puntual que nos traerá o terceiro centenario. Son moitos anos pero están á volta da esquina dando pulo á memoria dos cataláns. Que familia non tivo un defensor da cidade fronte ás tropas invasoras casteláns nese fatídico día do 11 de setembro? A memoria é o mellor receptáculo para preservar as realidades dunha frustración de tal magnitude en que Cataluña perdeu as súas constitucións, verbo das súas institucións independentes do poder central.

A Diada Nacional de Cataluña é unha festa patriótica que se esclarece nesa enorme sensibilidade cidadán de rescatar a un pais humillado, fronte a unha permanente ousadía de liquidar seus arrels. Mais esas raíces son tan profundas e dinámicas que os furacáns totalitarios e colonialistas só zarandean as ramas desa musculosa arbore de formidábeis raiceiras. Sírvanos a metáfora para personalizar a idea de que Cataluña é un entramado de singulares atributos que emerxen de coherentes roles no que se basea a nación e seu ímpeto nacionalista.

Trescentos anos son bastantes para simplificar a grandeza dunha loita que exaltou a clamorosa restitución de seus dereitos liquidados o 11 de setembro de 1714. As estratexias foron ben heteroxéneas pero sempre orientadas a rescatar memoria e prevalecer en diversos ámbitos da esencialidade identitaria. Nos aconteceres destes tres séculos sempre floreceu a autoestima dos cataláns, factor importante para restar protagonismo á exemonía do poder centralista.

Nesta Diada Nacional hai que falar de clases e argumentar que aínda que o nacionalismo é o resorte engrandecedor dunha nación asoballada, sen dereitos para autodeterminarse e autoxestionarse, imponse a realidade dunha clase actualmente flaxelada, a proletaria, que mantén unha autoestima manifestada na cultura e na identidade nacional. Hai outra clase que a oprime, a burguesía que sempre pretendeu ter como feudo de explotación ao proletariado catalán e aos emigrantes, esta clase fixo unha Cataluña a súa imaxe e semellanza.

Covergència i Unió é o perfil mais esclarecedor dun proxecto nacionalista e independentista que exalta a súa prepotencia burguesa cando deseña políticas liquidadoras de benestar e procesa limitacións e liquidacións de dereitos a clase mais marxinada en dereitos e compensacións. Aí están os planeamentos do president Mas, de profundizar nos recortes sociais e darlle ao desgoberno do PP azos para que imite as súas aventuras. Os intereses de clase conflúen e aférranse nunha mesma dirección devastadora contra as clases traballadoras. Tanto o nacionalismo de CiU como o centralismo do PP van de maos dadas nos recortes sociais e na preponderancia de crear unha nova orde, baseándose no desorde e na explotación de clases.

Cando un observa nesta data as balconadas de Barcelona, decoradas coa senyera (bandeira), pode comprobar tres diferenzas no símbolo identitario: a bandeira tradicional, a das catro barras, que luce e ondea na maioría dos edificios e outra que representa o nacionalismo burgués de CiU, a que exhibe un triángulo azul cunha estrela branca. Nesta mostra de exaltación nacionalista comprobamos a que representa ao nacionalismo de esquerdas, con triángulo amarelo e estrela vermella. Estes símbolos aclaran os sentimentos pero tamén as clases sociais que testemuñan a diversidade nacionalista presente en Cataluña.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras