O machado do PP e as eleccións galegas - 18/09/2012
ECOS DA BERENGUELA -xornal

Xosé Lois García

Ninguén nega e todos saben que o adianto das eleccións galegas está no contexto harmónico dunha estratexia malvada do PP en Galiza, connotando a súa permanencia no seu remoto feudo. Todo está controlado e calquera matiz adverso hai que lle aplicar unha ciruxía letal. Aínda que os tempos non son chegados, é certo que as persoas en Galiza comezan a espertar de seu sono. Dun longo insomnio de postergación.

O embarazo de nove meses do PP instalado na Moncloa, ao final puido ter un feliz parto, todos coñecemos a monstruosa criatura, tan deforme, que apareceu cunha tesoira e comezou a retallar dunha maneira nada inocente e exhibindo toda a súa perversidade. Asustado ficou o clientelismo electoral que se refuxiaba baixo o pernicioso manto do PP. Agora comeza a descifrar unha serie de claves sobre os recortes sanitarios e outras prestacións que permaneceron intocábeis, símbolo do benestar que a monstruosa criatura da tesoira fanou, multiplicando de problemas boa parte da existencialidade galega.

O gume do machado xa apunta a defenestrar a mais vítimas propiciatorias, para sustentar desequilibrios e impor solemnidade na pobreza e na anguria dunha sociedade que xa lle restan poucos respiros. Non estamos pensando nun maquillaxe calquera nos cálculos do goberno de Rajoy, que está sobre a mesa do búnker da Moncloa, e que o señor Feijóo coñece puntualmente e é cómplice no adianto das eleccións para non sufrir maiores estragos dos que se aveciñan.

Mais hai outros cálculos e outros tempos nos que a sociedade galega pode desbaratar esta estratexia e impor seu irreversíbel criterio de non abastecer de votos aos que durante estes case catro anos de desgoberno propiciaron un estado de fraude político e de aventuras incorresibeis, por parte do goberno da Xunta e de seus acólitos. Nestes momentos, o PP xa non pensa en estar inmunizado fronte a esa grande corrente de opinión que está xerando un grande tsunami a nivel do Estado español. Galiza non está á marxe dos acontecementos e menos da depredación que se verifica día a día, na alza de prezos, na liquidación de postos de traballo e do peche de negocios que a clase media sustentaba e que hoxe non existen.

A precariedade no gume do machado para tallar recursos e liquidar liberdades. E Rajoy obstinado en facernos mais dependentes da política colonialista de Angela Merkel. Neste todo vale de Rajoy, ante as posturas alemáns, caben dúas respostas: manifestar o quebranto da economía familiar, integrándose ao descontento de masas que cada día ocupan as rúas e as prazas do Estado polas agresións do goberno. A segunda prioridade radica na negativa a abastecer de votos a eses políticos que vulneran o mais elemental das convivencias: deixando sen traballo e na miseria a miles de familias sen un mínimo de sustentabilidade.

Estas circunstancias teñen en Galiza varios perfís de decadencia, nun proceso de regresión económica froito dunha incoherencia política que o señor Feijóo mantivo durante a súa lexislatura. Mais paro, mais emigración, mais peches industriais e comerciais, e, sobre todo, gobernar por decreto nun país falto de infraestruturas que canalicen benestar. Vulneración dos elementos mais propicios en que se ampara o noso idioma e a nosa cultura, creando conflitos moi severos sobre estas cuestións e desmarcándose dun sentimento e opinión popular que di todo o contrario do que fai o presidente da Xunta.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras