Persiste a grande mentira - 25/09/2012
ECOS DA BERENGUELA -xornal

Xosé Lois García

En período de eleccións non é frecuente que se innove a verbalización para destacar certas puntualizacións. As referencias que empregan certos políticos están suxeridas polos tópicos e pola indecencia morbosa e rutinaria a que nos teñen acostumados. Por iso a deserción da política e a desconfianza cara o discurso normalizado nas carencias mais rudimentarias e na mentira oficializada continúa nas esencias mais puras na boca de certos dirixentes.  

Mariano Rajoy, presidente do goberno, remata de desfondar unha frase peculiar na campaña electoral galega: “Si Núñez Feijóo gana las elecciones, Galicia será la pionera en las solucciones de España”. Poucos cren nas frases maxistrais dun político mentireiro como Rajoy, que todo o que dixo fai dez meses a práctica dos acontecementos por el promovidos o desmenten categoricamente.

E neste círculo do oroboro, a grande serpe mordendo a cola e xirando sobre si mesma, está D. Alberto Núñez Feijóo, cando fai un ano que profetizaba naquela campaña electoral en favor de Rajoy, presentándoo como o redentor dos problemas que tiña o Estado español. Aquel discurso distáncianos de calquera profecía e de gratuítas e baleiras palabras que toman importancia ante o grande e pernicioso desmantelamento dun estado de benestar, minimamente aceptado ate agora, por un distanciamento visíbel de todo progreso social e comunitario.

Nesta transcendencia de pobreza e de mentira, a opinión pública está convertendo estas eleccións nun plebiscito popular que lle van ser adversas ás aspiracións do señor Feijóo. Na actualidade, o seu desprestixio vai in crescendo por un clientelismo cada vez menos fiel, e pode que sexa mais pragmático no momento de proceder a votar en favor de indecencias políticas que se manifestan nesa redutíbel descomposición de prestacións sociais e unha desfeita maiúscula que Feijóo acentuou no desemprego e nos índices de emigración, que nestes momentos está soportando Galiza. A isto temos que sumar a escalada de recortes que están soportando os beneficiarios dunha sanidade pública que agora foron levados con coacción e golpe de decretos a pagar parte dos medicamentos, os que menos recursos teñen. No ensino, a grande mentira de Feijóo refléxase naquela oferta electoral de 2009 que os libros de texto ían ser gratuítos e cando chegou á presidencia da Xunta, recortou as axudas a libros e moitas das escolas ficaron sen comedores subvencionados aquelas familias que mais o necesitan. Esa e a verdadeira involución caótica que experimenta a Galiza do período do señor Feijóo, retraso económico, falta de transparencia nos asuntos mais transcendentais e asistenciais que deben asistir á cidadanía.

Todo isto revela a enorme mentira das políticas do señor Feijóo en Galiza, e do señor Rajoy en España. Nesta ocasión electoral son mais dignos de credibilidade as palabras dos que aínda non gobernaron, porque poden converterse en realidade. Mais os feitos dos que gobernan evidencian a mentira e a desfeita.

Neste desafío ás políticas castradoras o electorado galego, non moi dado ás reflexións en tempo de eleccións, na súa maioría, tócalle observar dos políticos actuais que están na Moncloa e en San Caetano, que o que fan contradí ao que din.

Hai poucos días moitos limos un artigo de Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente y editor de La Voz de Galicia, que na última cuestión exposta toca fondo sobre a proporción e o calado do desastre actual, cando di: “Es la hora. Ya no hay tiempo. Galicia y España no pueden consentir de ninguna manera lo que está pasando.

Y si los que gobiernan, del primero al último, con toda la información que poseen, creen que no tienen otra alternativa que seguir demoliendo la casa de los ciudadanos, será mucho mejor que abandonen ya. Inmediatamente. Mientras no cambien, no los necesitamos ni los queremos para nada.”

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras