Rajoy e Feijóo, no mesmo labirinto - 16/10/2012
ECOS DA BERENGUELA -xornal

Xosé Lois García

O invento que se sacan da manga Rajoy e Feijóo, dividindo seus papeis, entre o que hai e o que non é peor, tratan de meter á sociedade galega nas profundidades mais cavernícolas dese labirinto, puntualmente ven partillado para que tódalas camadas sociais teñan cabida no inventario que trazaron seus precursores franquistas. Os gentlemen do PP, tan ávidos e interpretativos en tódalas chapuzas democráticas, entenden que os labirintos, en súas subterráneas nomenclaturas, serven para afuscar e mediatizar os ritmos dos tempos onde nesas profundidades o osíxeno que eles controlan non clarifica as situación que acontecen en terra firme e espazo libre.

Rajoy e Feijóo non inventaron a caverna franquista, pero son os serodios e rudimentarios caputs, instalados no mais viscoso talante caudillista os que operan con intransixencia. Desde seus refuxios labirínticos escenifican para a sociedade galega grandezas e interpretacións que se resumen nese tedeum de loanzas a seus propios egos. Cada vez se parecen a eses insólitos, pétreos e estáticos pantocrátors que exhiben esa rotunda e medoña lenda: Ego sum. E todo aquel que non respecte este lema, sexa anatema. Estas son as evidencias deses opacos destelos que nos veñen das profundidades desa caverna.

Neste tráxico dilema, aínda respira a sociedade galega un ar contaminado que habituou a seus pulmóns a un ríxido contentamento de non percibir a frescura que non anda polos subterráneos. Con metáfora ou sen ela, será tempo que a maioría dos galegos non continúe dando vivas as súas cadeas; a esas argolas que o aferrollan de mil e unha maneira; esa unha non deixa de ser fatal. “Os tempos son chegados” con grandes evidencias de que temos que romper as cadeas e as vendas, fundamentarnos nos percances sociais que emanan deste poder omnímodo do PP. As carencias que nos veñen maquilladas e ateigadas de mensaxes simplistas dirixidos a ese pulmón contaminado e afeito a graves respiros, onde ninguén é alleo a esas grandes devastacións que propicia o goberno mais pro franquista que tivo a dereita no que vai de democracia.

Se o elector galego consinte a grande mentira de Rajoy e aproba a desfeita que Feijóo proclamou en seus tres anos de virreinato, estaremos ante unha sociedade enferma, con graves doenzas patolóxicas, ante o que hai e o que falta por vir confirmará o declive que moitos detectan. Tal elector, non só estará dando vivas ás súas cadeas, senón tamén, a subida do IVA, á rebaixa das pensións en súas equivalencias co IPC, a pechar o seu pequeno negocio mercantil, de deixar a súa produción agrícola e ter que emigrar. Todos estes lastres tan desproporcionados para unha sociedade economicamente retrasada como é a galega e que teñen vixencia actualmente desde unha Xunta de Galicia aferrada a homologarnos cos espazos mais desintegrados do Estado español.

Galiza, na programación do PP cumpre unha función para os grandes monopolios e intereses do centralismo, cada vez con mais capacidade para anularnos como identidade, xa non diferencial, senón de intereses propios no que nos toca argumentar o noso propio futuro. Un futuro ordenado que rompa amarras con todas esas estruturas monolíticas, onde a clase traballadora está desposuída, empobrecida e condenada a regresar ás practicas do proletariado do século XIX. Todo isto se alerta na reforma laboral feita á medida dos monopolios empresariais que representa o PP.

Se os galegos non pasamos páxina e advertimos que a clase política saída das urnas o próximo domingo día 21, ten o deber de superar estes anos perdidos que o partido popular suspendeu con medidas drásticas, favorecendo ás clases que representan e depredando ás clases traballadoras e ás clases medias que están perdendo seu poder adquisitivo unhas, e seu radio de acción as outras.

Unha sociedade estresada como é a galega, coas dificultades laborais e económicas que atravesa, non pode permitir por mais tempo unha sangría das proporcións que está soportando e outras que van vir se o dúo Rajoy Feijóo esgrime o voto maioritario como razón insubornábel para continuar degradando o noso país.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras